Comezaron identificando temas do seu interese e de forma consensuada, escolleron a temática sobre o que ían a traballar: os conflitos bélicos. Dentro desta investigación precisaban contar cunha persoa experta que lles amosase desde unha perspectiva máis global as súas consecuencias na infancia. Escolleron a Omenuke Mfulu, xogador do Deportivo, que participa dun proxecto deportivo para a rapazada do Congo en situación de risco pola guerra.
Foi toda unha experiencia que estivo acompañada da visita ás instalacións deportivas do Depor onde, como periodistas profesionais, entrevistaron ao xogador en compañía do alumnado de 6º curso da Ed. Primaria que tamén, escollera a mesma temática de traballo. Pero ademais, puideron acudir ao último partido de liga desta tempada do Deportivo.
Pero, o seu remate foi o máis especial desta experiencia, sentir que podían facer algo para axudar. Neste caso, realizar unha achega económica en apoio á escola de novos talentos do fútbol en Kinshasa.
![]() |
Imaxe autoeditada da entrevista a Omenuke Mfulu. |
(LUCES)
Que situacións actuais do noso arredor nos preocupan?
Comezamos a experiencia cunha chuvia de ideas sobre as preocupacións do alumnado, sinaladas con etiquetas nunha arbore de cartolina. Todas elas foron defendidas antes de realizar a votación. Neste debate destacou a presenza das noticias da prensa, elementos como o Kit de emerxencia, o conflito en Palestina ou o predominio nas mensaxes políticas de probables conflitos bélicos.
A partir delas, eliminamos barreiras e atacamos medos, por exemplo á deriva que poden tomar os acontecementos que están a escoitar nas noticias.
A tarefa aquí, como profesionais da educación, é actuar desde o recoñecemento aos sentimentos do alumnado, explicándolles que son algo natural. Fixémolo desde unha escoita activa apoiada na confianza de que na familia e na escola estamos para escoitar e axudar a comprender a realidade. Unha realidade na que tamén existen moitas persoas que traballan para que estes conflitos non cheguen a ser parte das súas vidas. Ao tempo, apartámonos de prexuízos e de discriminacións e evitamos culpas e mensaxes negativas cara a persoas ou países.
Unha tarefa acompañada de compaixón e amabilidade ante a situación daquelas persoas que sobren os conflitos. Por exemplo, as que teñen que abandonar o territorio da súa identidade.
En definitiva, achegar seguridade desde o coñecemento e o acompañamento para que a rapazada vexa que a familia e a escola son entornas seguras.
Todo isto, complementado coa achega de referentes, persoas con accións positivas. Estas accións da igual que sexan pequenas, todas contribúen a construír unha sociedade máis xusta.
![]() |
Imaxe autoeditada de procesos de selección do tema de
investigación. |
(ACCIÓN)
Responsabilidade e compromiso ante as
problemáticas e reflexión compartida
Contactamos co Deportivo da Coruña e a través del, con Mfulu que acolle con moito agrado a iniciativa. Desta forma, xunto co alumnado de 6º curso acudimos á Cidade Deportiva de Abegondo para facerlle a entrevista. Toda unha experiencia onde exercemos de profesionais do periodismos na sala de prensa tras ver o adestramento do equipo.
De volta á aula toca reflexionar e sacar
conclusións para que as mesmas queden reflectidas no programa e darlle
visibilidade. Primeiro na escola e despois no fogar tras rematar a edicións.
En todo este camiñar contamos co apoio e
acompañamento de Rocio, a estupenda profesional de Agareso, que fixo da Radio
cun sorriso a Radio para o cambio social.
Pódese escoitar o programa radiofónico aquí:
![]() |
Imaxe do mapa do Cenit onde se recolle a experiencia. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario