Co obxectivo de reforzar a dimensión de incidencia política do proxecto Campaña Mundial Pola Educación 2025, e para garantir o cumprimento efectivo do dereito de participación da infancia e da adolescencia, constitúese a Comisión Mixta de Seguimento do Acto Central no Parlamento de Galicia, e lévase a cabo o mercares 18 de xuño de 2025, participando o alumnado de 1º da ESO do CPI Vire da Cela. Esta comisión ten como finalidade principal facer seguimento do grao de cumprimento das peticións e demandas realizadas polos nenos, nenas e adolescentes (NNA) participantes nos actos centrais de incidencia política promovidos pola Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia. Así mesmo, busca promover o diálogo e a rendición de contas por parte dos representantes políticos en materia educativa.
Ás 12:00 horas preséntase a sesión e os representantes das diferentes forzas políticas (Cecilia Vázquez-PP, Julio Abalde-PSdeGe e Cristina Fernández-BNG) tiveron un espazo para compartir as demandas e motivacións coas que quedaron logo do acto no Parlamento o día 23 de maio 2025. Finalmente, o estudantado de 1º da ESO tivo o seu tempo para facer algunha pregunta ou comentario e sentirse escoitado nas seas demandas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario