Achegamos o enlace para visitar a revista dixital da Fundación Vicente Ferrer, na que publican un reportaxe sobre a contribución do CPI Plurilingüe Virxe da Cela para construír unha escola na India a través dos cartos recadados no Rastro Solidario e cos Marcapáxinas Solidarios.
viernes, 28 de junio de 2019
jueves, 20 de junio de 2019
VOLUNTARIADO DE CENTRO
Dentro do voluntariado de centro os alumnos e alumnas de Primaria participaron na seguintes actividades. Por unha banda a coordinación do Espazo Ferraganchos da Biblioteca: por parellas realizaban axudaban aos compañeiros e compañeiras de 1º a 5º de Primaria a organizarse en dito espazo. Tanto no uso do escornabot coma co novo artello do espazo Ferraganchos. Trátase dunha mesa dixital para que o alumnado, especialmente o máis novo, experimente e xogue aprendendo. Así mesmo colaboraron nas actividades complementarias na súa organización e montaxe E, por último, axudaron no Clube de Lectura da Biblioteca Castelao axudando aos compañeiros e compañeiras de Infantil.
Etiquetas:
Voluntariado de Centro
jueves, 6 de junio de 2019
ÉXITO NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA GLORR
Carta de agradecemento, primavera 2019 - GLORR Fundación.
Queridas familias e equipo docente,
Desde GLORR Fundación, agradécevos a colaboración recibida nesta campaña de primavera para a recollida de roupa de segunda man efectuada no voso centro educativo.
A través dos pais, alumnos e equipo docente axudástesnos á difusión da campaña e a repartición das bolsas entre os alumnos; por outra banda, facilitástesnos a recollida habilitando un sitio accesible no centro.
Grazas ás vosas doazóns, desde GLORR Fundación seguimos axudando a nenos e nenas desfavorecidos no noso país.
Etiquetas:
Campaña de recollida de roupa,
Glorr
Suscribirse a:
Entradas (Atom)