Mostrando entradas con la etiqueta Creando Conciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Creando Conciencia. Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de junio de 2025

Accións de comunicación de guerrilla en marcha! Rede Compás

O pasado 30 de maio a mocidade da #redcompás saíu á rúa con mensaxes claras e creativas.

En Silleda, quixeron chamar a atención sobre o transporte público no rural. Como? Cun esqueleto viaxeiro que percorreu paradas abandonadas de tren e bus. O Día D plantárono na porta do Concello xunto cun panel de fotos e fixeron enquisas á veciñanza. O obxectivo: levar os resultados ao pleno municipal o 9 de xuño.

En Monfero, o alumnado da Rede puxo o foco na defensa do sector primario e do medio ambiente como clave para garantir o futuro do rural. Fixeron unha pancarta e leron un manifesto diante de veciñanza e autoridades locais.

A comunicación de guerrilla é acción directa, creativa e reivindicativa no espazo público, para sacudir conciencias e abrir conversacións importantes.

Seguimos creando, soñando e loitando por un rural digno e vivo.




Imaxes das accións de guerrilla do alumnado dos dous centros educativos.


jueves, 12 de junio de 2025

Rede Compás: xuventude unida por un futuro digno no rural galego

 Xa contamos co vídeo resumo da xuntanza da Rede Compás en Allariz. Son máis de 50 mozas e mozos de cinco concellos para crear propostas sobre vivenda, transporte, educación e emprego que lanzaron nun manifesto por un futuro digno no rural galego.

Durante estes meses levan a cabo as súas accións de comunicación de guerrilla, están a reunirse con institucións locais e autonómicas e, en setembro, levarán o seu manifesto ao Parlamento Europeo.


Porque rural tamén é futuro. Queremos liberdade para elixilo!


lunes, 10 de marzo de 2025

Obradoiro “Achegarmos á Historia dos Medios en Galego”


Coruña veñen de publicar a Guía Didáctica: Coñecendo a Historia dos Medios en Galego (2025). Esta

conta con dúas unidades didácticas: unha centrada na orixe, historia e evolución dos medios en galego; e

outra na situación, posibilidades e recursos que ofrecen os medios en galego na actualidade. Ademais,

conta cuns apuntamentos para coñecer a historia e acceder aos recursos dixitais dispoñibles dos medios

en galego; un anexo cun listado, descrición e ligazón a máis dun centenar de medios en lingua galega de

diferentes temáticas e épocas; e o encaixe curricular de cada recurso para alumnado da ESO e

Bacharelato.

Para comezar a difusión deste novo recurso didáctico, a Área de Igualdade da Deputación promoveu a

elaboración de obradoiros que traballen con estes contidos en tres centros educativos da provincia, entre

os que foi seleccionado o CPI Virxe da Cela. Este obradoiro, de título “Achegarmos á Historia dos

Medios en Galego”, foi impartido por David Miguel Rodríguez Martínez: historiador e co-autor da guía didáctica.
Imaxe de Miguel Rodríguez, o historiador que deu valor a Historia dos Medios en Galego na biblioteca do centro.

O obxectivo principal do obradoiro é conectar o pasado e o presente dos medios en galego. Desta

forma o alumnado poderá comprender a súa evolución e as limitacións que sufriron no pasado, e ao

mesmo tempo analizar a grande oferta que hoxe existe. Isto permitirá transmitir unha mensaxe positiva

e ofrecer exemplos para que o estudantado incorporen ao seu repertorio informativo estas

ferramentas e así comprender mellor o entorno que os rodea. É dicir, consolidar a idea de que é posible

consultar información do día a día do alumnado en xornais escritos na súa lingua.

A charla mesturará un formato teórico, sobre os contidos referidos ao longo da guía didáctica, e un

traballo máis colaborativo, practicando metodoloxías activas para favorecer a adquisición de

aprendizaxes e o traballo do alumnado cos materiais físicos e dixitais en grupos de discusión.

Comparanse medios do pasado e do presente para ver reminiscencias nas temáticas e preocupacións da sociedade

galega ao longo da historia, ao mesmo tempo os cambios e avances sociais en materia de linguaxe,

discriminación, sexismo etc.

Imaxe da guía desde a que se pode descargar para o seu uso educativo.
Esta actividade tamén foi recollida polo Diario de Santiago:

Imaxe da actividade recollida no Diario de Santiago.



lunes, 18 de noviembre de 2024

Enraizadas

Enraizadas nace coa necesidade de visibilizar e poñer en valor as estratexias de sustentabilidade da vida que se leva a cabo no rural e, máis concretamente, o papel das mulleres neste proceso.

Este proxecto educativo de educación social na escola da man da Asociación EuroEume, busca contribuír á visibilización e o recoñecemento das mulleres na sociedade, incidindo nun cambio de mentalidade no que os traballos reproductivos e as persoas que os sustentan se convertan en referentes.

Imaxes das dinámicas da actividade.

Buscando asi mesmo, espallar os valores e reflexións do ecofeminismo, contribuíndo ao desenvolvemento rural, reflexionando sobre a soberanía alimentaria, a custodia do territorio e os coidados e comunidade.

Nesta nova edición de 2024, a temática son os coidados e comunidade, onde de maneira transversal, traballaremos valores como a igualdade, a creatividade e a sustentabilidade.

Nesta primeira sesión o alumnado de 5º curso traballamos  sobre as nosas referentes e outras cunha perspectiva máis global para identificar a conversa que queremos desenvolver nos seguintes obradoiros da actividade.



miércoles, 24 de marzo de 2021

OLIMPIADA DA SOLIDARIEDADE: ENTRENO CONCIENCIA


 

O alumnado da ESO participará no terceiro trimestre nas Olimpiadas da Solidariedade organizadas pola ONG Taller de Solidariedade. Nas materias de Valores Éticos e Relixión realizaremos as actividades olímpicas "Entreno Conciencia" e iremos acadando as diferentes medallas que nos permitirán subir ao pódium e acreditarnos como Centro Olímpico Entreno Conciencia. Cada unha das actividades levarase a cabo seguindo un calendario con "Días Internacionais", datas destacadas: -6 Abril: Día Internacional do Deporte e a Paz -23 Abril: Día Internacional do Libro -8 Maio: Día Mundial do Comercio Xusto -5 Xuño: Día Mundial do Medio Ambiente -Xuño: Evento Deportivo Solidario.

Cartel Medal La Negra by veracruces on Scribd