Venres 21 de decembro de 2019. Programa do Festival:
1. Belén vivinte: 2º e 3º de EP.
2. Cantiga do Apalpador: Educación Infantil.
3. Poema á familia: 1º de EP.
4. Baile “O gran show navideño”: 1º, 4º, 5º, 6º de EP.
5. Panxoliña “Silent Night”: 5º e 6º de EP e ESO.
6. Can´t help falling in love: ESO.
7. Hallelujah: ESO.
8. Obra de teatro “A cea de fin de ano”: 4º ESO.
9. Panxoliña profesorado.
O Xoves 20 de Decembro, organizado polo Departamento de Educación Física de Secundaría e Orientación, e como parte da programación da materia de E. física , a ONG “Taller de Solidaridade” , impartiuse no centro en horario de 9:45-11:15 para 3º e 4º de ESO e de 11:15 a 12:30 para 1º e 2º de ESO, un Obradoirodentro do Proxecto de sensibilización e educación para o desenvolvemento “ENTRENO CONCIENCIA”, sobre a educación en valores e Deporte e Comercio Xusto, financiado pola Xunta de Galicia ,no que participan ademais do noso, varios centros educativos da nosa comunidade.
O proxecto busca crear conciencia na cidadanía galega , sobre o impacto que teñen os nosos hábitos de consumo sobre o medio e as persoas que producen o que compramos e consumimos, ligado a un acto san e cotián como é a práctica de deporte. Somos conscientes de que o deporte mobiliza emocións e inflúe nas actitudes e comportamentos das persoas, a través dos valores que transmite: esforzo, superación, igualdade, solidariedade, compañeirismo e, sobre todo, respecto por un xogo limpo. Estes son valores que tamén representa o Comercio Xusto Con esta proposta, preténdese contribuír ao desenvolvemento dunha economía social e solidaria, rexida polos valores da cooperación, democracia, cidadanía global, igualdade, solidariedade e medio ambiente, onde as relacións comerciais apóianse nos principios e valores do Comercio Xusto e dunha economía global e solidaria, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
O proxecto consta de varios compoñentes :
O que levamos a cabo no noso centro e ó COMPOÑENTE EDUCATIVO, dirixido a nenos e nenas de 12 a 15 anos de Centros Educativos das diferentes cidades de actuación. Consta dunha serie de actividades dirixidas a traballar sobre as regras actuais do mercado internacional e como favorecen que nos países fundamentalmente produtores, viólense de maneira sistemática os dereitos humanos, foméntese a explotación laboral (que afecta en gran medida a mulleres e nenos e nenas) e a degradación ambiental, xerando grandes desigualdades sociais que evitan que moitas persoas podan saír do círculo da pobreza. Esta temática traballarase mediante dúas ferramentas, durante o obradoiro:
No marco das actividades en prol da igualdade e da loita contra a violencia machista, a Deputación da Coruña convocou o V Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero. Os traballos poderanse entregar ata o 26 de decembro en formato dixital e papel seguindo as bases e as indicacións que aparecen en:
Este sábado 24 de
novembro o noso colexio foi o centro
anfitrión da Asemblea de Inicio de Curso da Rede Solidaria de mozas e mozos
de Entreculturas que tivo lugar durante toda a xornada dende a mañá a tarde. Alumnado e profesorado dunha ducia de centros galegos pertencentes á
Rede Solidaria acudiron a este encontro, contando coa participación de máis dun
centenar de persoas.
Este evento ten como obxectivo ser un punto de encontro e
intercambio de ideas entre rapaces e rapazas comprometidos, formarse en
cuestións relacionadas coa Educación para a Cidadanía Global, e establecer as liñas básicas de actuación
para o curso escolar. Realizáronse talleres e dinámicas onde o alumnado abordou
temáticas como a igualdade, os dereitos humanos, a cooperación, o consumo
responsable... Ademais o profesorado contou
cun espazo propio para o debate e a reflexión.
O noso centro escolar leva xa unha década formando parte
desta Rede Solidaria, baixo a coordinación das profesoras Yolanda Castro e Verónica Dopico, especialistas nas materias de Educación en Valores e Relixión.
Aquí podedes ver un pequeno vídeo resumo da xornada
Venres 23 de novembro 2018. 12:15-13:45h.: Carreira solidaria “Save the Children” organizada polo Departamento de E. F de Primaria e Secundaria e o Coordinador de deportes do Axuntamento de Monfero e interdisciplinarmente co Dpt. De Orientación, Relixión e Valores
As 12:15, O alumnado dirixiuse ao pavillón para a carreira solidaria, cos seus correspondentes profesores.
A carreira e un xesto solidario, que a través da nosa participación e visibilidade como centro, ten como fin, recaudar o maior número de cartos posible para a ONG mencionada que traballa para axudar as nenas e nenos do mundo e que este ano o centra na desprotección deses nenos/as nas zonas en conflicto de todo o mundo. Cada un/unha( alumnado, nais/país, familiares, profes, persoal non docente, amigos…) aporta económicamente o que quera e poida.
O NOSO MURAL POLA IGUALDADE
A NOSA CARREIRA
Finalmente foron recadados 397,18€ que foron ingresados a Save the Children:
Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
que se celebra o 25 de novembro, o
alumnado dos centros escolares CPI As Mirandas de Ares e CPI Plurilingüe
Virxe da Cela de Monfero, realizaron un vídeo para visibilizar e sensibilizar á
comunidade educativa e a toda a
sociedade en xeral, sobre esta data.
Desde os nosos centros adherímonos pois, a todas aquelas
iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de
xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas
familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e a
todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a
sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a convivencia que
todas e todos queremos.
Venres 23 de novembro 2018. 14:50-16:25h.:
Actividades conmemoración día contra a violencia de xénero:
• Lectura de manifesto (2º ESO)
• Proxección dos vídeos realizados polo alumnado (Ares-Monfero e 2º ESO da materia Igualdade de Xénero).
• Presentación dos diferentes lemas elaborados por cada grupo de alumn@s.
• Lectura do conto “A cincenta que non quería comer perdices”
• Presentación do cartel de 3º de ESO e entrega de pegatinas.
Fai un par de semanas as nosas profesoras Yoli e Verónica
nos propuxeron un reto: lanzar unha mensaxe ao mundo para dicir “NON” á
violencia machista. Estivemos varias sesións de clase traballando en equipo,
facendo un torbellino de ideas, pensando posibles lemas, decidindo o formato
ideal. Foi un proceso complicado e demos moitos pasos adiante e outros para
atrás.
Pensamos en utilizar as tecnoloxías dixitais porque forman
parte das nosas vidas como adolescentes. No final do proceso decidimos dar nós
a cara, xa que queriamos lanzar a nosa mensaxe especialmente a rapazas e
rapaces coma nós, xente nova, xa que nas nosas mans está o cambio…
Un dos momentos máis difíciles foi representar esta escena…
unha de nós posou diante da cámara e un de nós tapoulle a boca coa man… Este
xesto tan simple non soamente quedou conxelado nunha fotografía, senón que a
todos/as os/as que alí estabamos (alumnos/as e profesoras) nos deixou
paralizados/as durante uns segundos e realmentepuxémonos na pel de tantas mulleres desde tempos pasados ata o día de
hoxe a quen lles taparon a boca, a quen fixeron invisibles…
Nós non queremos
quedar calados/as e queremos dicir ben alto e forte “NON”.