miércoles, 21 de noviembre de 2018

TOLERANCIA CERO. NON A VIOLENCIA DE XÉNERO


Fai un par de semanas as nosas profesoras Yoli e Verónica nos propuxeron un reto: lanzar unha mensaxe ao mundo para dicir “NON” á violencia machista. Estivemos varias sesións de clase traballando en equipo, facendo un torbellino de ideas, pensando posibles lemas, decidindo o formato ideal. Foi un proceso complicado e demos moitos pasos adiante e outros para atrás.
Pensamos en utilizar as tecnoloxías dixitais porque forman parte das nosas vidas como adolescentes. No final do proceso decidimos dar nós a cara, xa que queriamos lanzar a nosa mensaxe especialmente a rapazas e rapaces coma nós, xente nova, xa que nas nosas mans está o cambio…
Un dos momentos máis difíciles foi representar esta escena… unha de nós posou diante da cámara e un de nós tapoulle a boca coa man… Este xesto tan simple non soamente quedou conxelado nunha fotografía, senón que a todos/as os/as que alí estabamos (alumnos/as e profesoras) nos deixou paralizados/as durante uns segundos e realmente  puxémonos na pel de tantas mulleres desde tempos pasados ata o día de hoxe a quen lles taparon a boca, a quen fixeron invisibles… 

Nós non queremos quedar calados/as e queremos dicir ben alto e forte “NON”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario