Dentro do Plan de Convivencia do
Centro, recóllense entre outros aspectos, a resolución pacífica dos conflitos
da comunidade educativa a través de, entre outros, a MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS. E hoxe,
Abel e Magú presentaron ao alumnado de
2º ESO o proxecto para poder implementalo este curso no noso centro.
Tomando como marco legal a LEI 4/2011 de 30 de xuño, de
convivencia e participación da comunidade educativa e o DECRETO 8/2015 de 8 de
xaneiro que a desenvolve , artéllase este “Programa de Mediación entre Iguais”,
co que pretendemos que os alumnos desenvolvan habilidades sociais , estratexias
de resolución de conflitos, ...
A “Mediación entre Iguais”,
defínese cómo un proceso de resolución de conflitos entre dúas partes (dous
alumnos/as ou máis), na que unha terceira parte neutral (o mediador/a), axuda a
que as partes en conflito atopen unha solución. É un proceso voluntario e
confidencial. O alumnado mediador non propón solucións, senón que axuda aos
alumnos/as en conflito a chegar por sí mesmos/as a un acordo satisfactorio.
Así pois o alumnado voluntario de 2º da ESO formaranse no centro en Competencias Social e
cidadá, de Autonomía e Iniciativa Persoal e a Competencia para Aprender a
Aprender; ademais de estratexias de xestión positiva de conflitos que favorecen
a convivencia...Desta formación xurdirán, de maneira voluntaria, os mediadores
para xestionar os pequenos conflitos no centro ao longo do ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario