Mostrando entradas con la etiqueta Plan Proxecta 2013-2014. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plan Proxecta 2013-2014. Mostrar todas las entradas
sábado, 8 de noviembre de 2014
martes, 24 de junio de 2014
DIARIO DE A BORDO "COOPERACIÓN GALEGA: O MUNDO QUE QUEREMOS"
Tras unha longa travesía de 10 meses a nosa nave chega a
porto para repoñer forzas e revisar esta aventura que levamos a cabo tres
profesoras do CPI Virxe da Cela xunto cos nosos alumnos/as de ESO. Atrás quedan
moitos recordos, desde o noso inicio, neste pequeno camarote atiborrado de
obxectos diversos para a nosa expedición, aquel día que nos reunimos cos
armadores de Cooperación Internacional para definir o rumbo do Mundo que
Queremos. Tras aquela primeira impresión sabiamos que a nosa viaxe ía ser
exitosa, contábamos cunha espléndida nave e unha formada tripulación. Queremos agradecer
especialmente a María Caride por todo o seu traballo de planificación, e os
numerosos contactos que establecimos vía telegráfica.
Coincidimos con outras naves no medio do océano, tripuladas
por Rosa López Miramontes que dirixía os ODM desde unha perspectiva lúdica,
contaxiando moitísimo entusiasmo entre os nosos mariñeiros/as. Posteriormente
topámonos coa nave AGARESO, patroneada por Montse Fernández e Óscar Vázquez,
que nos guiaron nas artes da radio e da fotografía. Meses máis tarde coincidimos
coa nave de piratas Cen Tolas, mulleres con grande forza que tratan de dar
solucións aos conflitos a través do Teatro do Oprimido. Surcamos os mares do
sur acompañados da fragata Radio Tehuacán, baixo o mando de Iris, Jasmin e José
Manuel, que nos mostraron como é a vida nesas latitudes, facéndonos valorar o
que temos e que habitualmente nos pasa desapercibido.
E como momento culminante do noso periplo, o Paso do Ecuador,
celebrouse mar adentro, na terra do Apóstolo, xuntándonos a bailar e celebrar
un divertido Acto de Clausura na Sala Capitol. Non esquecemos o chiculate ben
quente que paladeamos nunha reunión clandestina no camarote do Almirantazgo,
tendo a oportunidade de coñecer aos outros/as capitáns da escuadra que viaxaron
en paralelo.
Enarbolamos as bandeiras da Cooperación Internacional e
Rexional e atracamos o noso navío no astaleiro para poñelo a punto cara a
próxima singladura. E agora que estamos en terra, deixaremos que o destino nos
volva a unir nalgunha rúa coruñesa a horas intempestivas da madrugada.
Teresa, Yolanda
e Verónica
Etiquetas:
Cooperación Galega,
Plan Proxecta 2013-2014
viernes, 6 de junio de 2014
MEMORIA COOG 13-14: ATENCIÓN EDUCATIVA, CIDADANÍA E ÉTICA
Durante o presente curso académico 2013-2014, tres profesoras da ESO do CPI Virxe da Cela (Monfero)participamos no programa "Cooperación Galega: O Mundo que Queremos" (Plan Proxecta 2013-2014). Os ODM ou Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio foron o fío conductor deste programa, que ofreceu ao alumnado do noso centro diversos obradoiros ao longo do curso (radio, fotoxornalismo, teatro, etc). A parte destas actividades "oficiais", cada profesora levou a cabo dentro da súa aula actividades complementarias para afondar nos ODM, moitas delas xa penduradas neste blogue. A continuación vos deixamos un video e un power point onde ofrecemos unha síntese das que se efectuaron nas materias de Atención Educativa (1º ESO), Educación para a Cidadanía (2º de ESO) e Educación Ético-Cívica (4º da ESO).
Etiquetas:
Memoria COOG 2013-2014,
Plan Proxecta 2013-2014
lunes, 2 de junio de 2014
DEPARTAMENTO CCNN PLAN PROXECTA RCES
ELABORACIÓN DE XABÓNS
•Os alumnos de 3º e 4º de E.S.O. na materia de Física-Química puxeron en práctica unha reacción química fabricando xabóns, reciclando materiais, e os xabóns resultantes puxéronos á venda no mercadillo solidario que organiza o centro, confeccionando paquetes e envoltorios e deseñando as etiquetas.
•Elaboramos un video co proceso. Está publicado no blogue de ciencias, na páxina principal; www.cienciasnoxestal.com coa etiqueta: “ALUMNOS-4º ESO-QUÍMICA-PROXECTA-XABÓNS-2014”
ELABORACIÓN DE PAPEL RECICLADO
•Os alumnos de 2º de E.S.O. participaron neste proxecto solidario na materia de Ciencias Naturais coa elaboración de papel a base de materiais reciclados: papeis usados e virutas de ceras e minas de lápices de cores afiadas. Os papeis reciclados vendéronse tamén no mercadillo solidario para recaudar fondos para a cociña económica.
•Tamén elaboramos un video co proceso. Está publicado no blogue de ciencias, na páxina principal; www.cienciasnoxestal.com coa etiqueta: “ALUMNOS-2º ESO-CCNN-PROXECTA-PAPEL RECICLADO”

Departamento CCNN,
Plan Proxecta 2013-2014,
RCES
Suscribirse a:
Entradas (Atom)