Mostrando entradas con la etiqueta AMPA CPI Virxe da Cela. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AMPA CPI Virxe da Cela. Mostrar todas las entradas

martes, 6 de mayo de 2014

VISITA DA CLÍNICA BAVIERA

Grazas ao convenio de colaboración que firmamos coa Fundación Ayuda en Acción en decembro de 2013, o alumnado de educación infantil e de educación primaria do CPI Virxe da Cela tiveron a posibilidade de recibir unha completa revisión oftalmolóxica a cargo da Clínica Baviera. Durante a maná do martes 6 de maio de 2014 un total de 29 nenos/as pasaron pola aula de psicomotricidade, espazo convertido puntualmente nunha clínica, e atendidos por catro especialistas da Clínica Baviera fixeron numerosas probas que incluían: función e agudeza visual, visión da cor, estereopsis, motilidad ocular, Cover Test, PPC, reflexos pupilares e refracción obxectiva. Deste xeito os nenos e nenas poden ter un diagnóstico precoz que lles permitirá evitar moitos problemas no seu futuro, entre eles, algúns relacionados co seu proceso de aprendizaxe na escola.










sábado, 21 de diciembre de 2013

CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ONG AYUDA EN ACCIÓN


No pasado mes de novembro tivemos unha reunión coa ONG Ayuda en Acción para negociar un convenio de colaboración entre esta organización e o CPI Virxe da Cela. Ayuda en Acción comunicábanos o seu interese en iniciar un tipo de colaboración co noso centro, xa que a través do proxecto Monferosolidario estabamos a traballar en prol da educación en valores e encaixábamos perfectamente na súa filosofía de acción. Podemos anunciar oficialmente que ese convenio xa está vixente. O pasado xoves 19 de decembro de 2013 tivemos unha reunión na que tomamos parte as coordinadoras de Monferosolidario, a dirección do centro, representantes da AMPA do noso cole e a técnico de Ayuda en Acción, na que se firmou un compromiso conxunto, no que todas as partes uniremos o nosos esforzos e esperamos acadar un enriquecemento mutuo. Polo de pronto estamos xa inscritos no programa educativo "Ahora Toca..." de Ayuda en Acción, e tan pronto iniciemos o segundo trimestre académico incorporaremos as propostas educativas e as actividades do mesmo.