martes, 6 de mayo de 2014
VISITA DA CLÍNICA BAVIERA
Grazas ao convenio de colaboración que firmamos coa Fundación Ayuda en Acción en decembro de 2013, o alumnado de educación infantil e de educación primaria do CPI Virxe da Cela tiveron a posibilidade de recibir unha completa revisión oftalmolóxica a cargo da Clínica Baviera. Durante a maná do martes 6 de maio de 2014 un total de 29 nenos/as pasaron pola aula de psicomotricidade, espazo convertido puntualmente nunha clínica, e atendidos por catro especialistas da Clínica Baviera fixeron numerosas probas que incluían: función e agudeza visual, visión da cor, estereopsis, motilidad ocular, Cover Test, PPC, reflexos pupilares e refracción obxectiva.
Deste xeito os nenos e nenas poden ter un diagnóstico precoz que lles permitirá evitar moitos problemas no seu futuro, entre eles, algúns relacionados co seu proceso de aprendizaxe na escola.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario