Inmediatamente
despois da apertura do paquete da Pinnadari
School (A India), o alumnado de 1º da ESO reuniuse na aula de usos múltiples
para facer unha lectura en voz alta da carta de presentación que contén o dossier enviado polos nosos amigos da
India a través do proxecto School to
School (Fundación Vicente Ferrer). Antía, Iván e Carlos foron os encargados
de poñer voz a esa carta, que ademais de vir escrita en lingua telegu (dialecto falado na zona de
Anantapur), contiña unha tradución ao castelán. É moi interesante poder coñecer
unha cultura tan diferente á nosa, aínda que se o pensamos ben, a pesares da
enorme diversidade todos os seres humanos están unidos por uns lazos comúns:
podemos comprobar que aos nenos/as da India gústalles xogar, aprender, realizar
festas e festivais... Agradecémoslles toda esa información que foi elaborada
manualmente sen a xa imprescindible “tecnoloxía”, e está perfectamente
presentada, trocando as ferramentas dixitais por outras analóxicas... É curioso
poder comprobar que aínda utilizan o pegamento para pegar fotos en lugar do xa
habitual “copiar+pegar”, que fan a mano fermosas filigranas con rotuladores de
cores que serven de marco ao papel, e un sen fin de cousas máis. No noso blogue
Monferosolidario tendes pendurado o dossier completamente escaneado, para
que con moita calma podades facer unha viaxe moito máis profunda...
No hay comentarios:
Publicar un comentario