Ruta de la Luz y ACCI (Asociación Contra la Ceguera Infantil) son dúas organizacións que traballan na procura da saúde visual en contextos onde esta non está garantida, centrando a súa acción en países pouco desenvolvidos nos que a poboación non ten os medios suficientes ou non existen infraestruturas sanitarias e sociais que a promovan.
A nosa profe de Reli de primaria, Begoña, propuxo esta actividade tan interesante tras ter coñecemento do traballo destas dúas organizacións. Tan fácil como reparar e graduar gafas vellas e darlle unha nova utilidade. Oftalmólogos voluntarios encárganse de atravesar medio mundo para facer revisións e proporcionar gafas a centos de persoas que as precisan.
Desde o CPI Virxe da Cela queremos apoiar esta iniciativa, e o alumnado de 1º da ESO traballou previamente para buscar lemas para esta campaña e tamén para visitar as aulas de todo o centro para sensibilizar ao alumnado e entregar cartas informativas ás familias pedindo a súa colaboración.
Cun simple xesto podemos devolver a luz a moitas persoas que viven na semipenumbra e no umbral da pobreza. Soamente temos que depositar as gafas que teñamos nas casas e non utilicemos nas furnas situadas nas entradas de primaria e de secundaria. E como din os rapaces/zas de 1º da ESO, “para doar gafas non precisas ollos, senón corazón”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario