Mostrando entradas con la etiqueta ONG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ONG. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de junio de 2014

CREANDO AS NOSAS PROPIAS ONGS

A cidadanía é consciente da valiosa labor que efectúan as diferentes ONG (organizacións non gubernamentais) para solventar ou paliar problemas que afectan ao mundo e que os gobernos non poden ou non queren resolver. Son moitísimos os campos de actuación destas organizacións, tanto no eido da educación, a saúde, a igualdade, o medioambiente, etc. Tras realizar un traballo de investigación exhaustivo sobre diferentes ONGs, o alumnado de 2º da ESO decidiu deseñar a súa propia organización. Neste espazo poderedes comprobar algunhas das súas propostas, que quen sabe se co paso do tempo poderán facerse realidade...


jueves, 1 de noviembre de 2012

ENTRECULTURAS NO CPI VIRXE DA CELA

A tarde do mércores 31 de outubro de 2012 tivemos a visita de Sandra Rodríguez, técnica da ONG Entreculturas. Son cinco xa os anos que levamos vinculados con esta ONG, co seu apoio incondicional desde o nacemento do proxecto Monferosolidario, alá no curso académico 2008-2009. Con Sandra únenos unha especial relación, xa non soamente profesional, senón que a estas alturas, de auténtica amizade. Sabemos que ademais do contacto habitual coas coordinadoras de Monferosolidario, trata cada ano de visitar o noso centro para falar cos rapaces e rapazas da ESO, tratando de afianzar o compromiso daqueles que xa están na Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas, así como de facer novas fichaxes, eses nenos e nenas que comezan os seus estudos en 1º da ESO, e que serán a savia nova que alimente o proxecto. Acompañada por Xosé Luis Pastoriza (outra persoa clave para o éxito de Entreculturas en Galicia, e a quen tamén lle temos especial estima e agradecemos o seu humor e creatividade á hora de dinamizar calquera actividade), Sandra agradeceu en primeiro lugar a participación de todos aqueles alumnos e alumnas que contribuíron ao éxito do Encontro Zanmitay, celebrado no noso centro fai agora un ano, no que se deron cita casi 200 persoas, entre rapaces e rapazas e tamén docentes de toda Galicia. En segundo lugar convidou a todo o alumnado presente a participar no próximo encontro da rede solidaria, que terá lugar o vindeiro sábado 10 de novembro de 2012 no IES Elviña (A Coruña). Finalmente fixo a presentación oficial da fermosa campaña "A cadeira vermella" (La silla roja) que este ano Entreculturas lanza para concienciar á poboación do dereito á educación de máis de 61 millóns de nenos en todo o mundo que están sen escolarizar. Un grupiño de alumos/as de 1º da ESO axudaron a presentar esta campaña, indicando algúns dos obxectivos e adiantando algunhas das actividades que temos pensado levar a cabo na nosa escola para sensibilizar á nosa comunidade educativa. Seguro que vale a pena o noso esforzo... 

domingo, 10 de junio de 2012

SOMOS: UNIDOS PARA CAMBIAR O MUNDO





A unión fai a forza, e de momento, xa SOMOS máis de tres millóns de persoas dispostas a cambiar o mundo. Así nace SOMOS, unha iniciativa que agrupa a numerosas ONGs coa finalidade de fomentar a solidariedade na sociedade na que vivimos, e para recoñecer todo o que os colaboradores das ONGs facemos día a día. 

Monferosolidario leva mostrando o seu compromiso día a día durante catro anos consecutivos, e o día de hoxe, venres 8 de xuño de 2012, queremos mostrar a todo o mundo que podemos dar a volta ás cousas. Deixamos a nosa testemuña a través dos retratos de rapaces e rapazas de 2º da ESO, que decidiron exhibir unha prenda de vestir ao revés, sumándose a este soño de cambiar o mundo e de dar volta ás cousas.