A unión fai a forza, e de momento, xa SOMOS máis
de tres millóns de persoas dispostas a cambiar o mundo. Así nace SOMOS, unha
iniciativa que agrupa a numerosas ONGs coa finalidade de fomentar a
solidariedade na sociedade na que vivimos, e para recoñecer todo o que os
colaboradores das ONGs facemos día a día.
Monferosolidario leva mostrando o seu compromiso
día a día durante catro anos consecutivos, e o día de hoxe, venres 8 de xuño de
2012, queremos mostrar a todo o mundo que podemos dar a volta ás cousas.
Deixamos a nosa testemuña a través dos retratos de rapaces e rapazas de 2º da
ESO, que decidiron exhibir unha prenda de vestir ao revés, sumándose a este
soño de cambiar o mundo e de dar volta ás cousas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario