viernes, 29 de junio de 2012

ENTREGA DE DIPLOMAS MONFEROSOLIDARIO


Nunha emotiva xornada de despedidas, e qué mellor este último día de clase para recoñecer o traballo de alumnos/as e profesores/as que colaboraron activamente para facer este xa o noso proxecto de vida: Monferosolidario. Son tempos de crise, e aínda que non teñamos cartos para mercar regalos que ben merecerían todos aqueles que puxeron o seu grao de area, si houbo un diploma de acreditación, algunha chuche e algún pequeño agasallo...
-Todos os/as participantes da actividade "Pasaporte Solidario" recibiron un diploma, e ademais premiouse a varias aulas coas mencións de "Aulas Solidarias": as clases de infantil e a de 1º de primaria polo seu traballo coordinado polas titoras; e a clase de 5º de primaria por levar a cabo iniciativas que partiron de propio alumnado, como a organización dunha exposición de libros solidarios.
-En relación ao proxecto "School to School", en colaboración coa Fundación Vicente Ferrer, houbo premios e diplomas para as clases de 1º de primaria, de 3º de primaria e de 3º da ESO pola elaboración de materiais didácticos para enviar á escola Konampalli, na India; e tamén diplomas individuais aos alumnos/as de 4º da ESO pola súa implicación e responsabilidade á hora de preparar e impartir unha charla sobre "A contorna natural onde traballa a Fundación Vicente Ferrer" e pola campaña se sensibilización sobre o Rastro Solidario.
-Quixemos tamén dar os nosos parabéns aos alumnos/as e á profesora de 1º de primaria pola súa implicación coa escola da India, resumida nunha sinxela frase e unha evocativa imaxe que gañou o Premio de Cooperativismo no Ensino.

 Premio de Cooperativismo no Ensino

 3º de ESO recolle o diploma STS




Alumnado de secundaria recollendo o diploma "Pasaporte Solidario"

No hay comentarios:

Publicar un comentario