Mostrando entradas con la etiqueta charla. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta charla. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de noviembre de 2023

EDUCAR EN POSITIVO

Unha ducia de familias participaron na charla "Educar en Positivo", que tivo lugar o martes 28 de novembro de 2023 de 16:00 a 18:30 na aula de Usos Múltiples do CPI Plurilingüe Virxe da Cela. É de vital importancia que familias e escola vaian da man no difícil camiño da educación, por iso esta actividade, promovida pola Fundación Ayuda en Acción e a ANPA do CPI Virxe da Cela,  pode ser un elemento clave que repercutirá sen dúbida nos nenos e nenas. Para facilitar a participación das familias, a Fundación Ayuda en Acción ofertou un servizo de ludoteca para que os nenos/as se iniciaran na globoflexia e potenciaran as súas capacidades creativas a través de debuxos.

A psicóloga e psicoterapeuta Medalith Falcón, especializada en dificultades de regulación emocional, foi a encargada de impartir esta charla, desde un enfoque de natureza integradora, tratando de guiar ás familias cara á comprensión e as xestión das dificultades desde a amabilidade e a resiliencia, e promovendo  un proceso de autodescubrimento baseado na confianza e na empatía. Esta charla, xunto con outras dúas charlas máis planificadas para o segundo e o terceiro trimestre,  conformarán un ciclo formativo a desenvolver durante este curso académico 2023-2024.




Vc Formacion Familias by veracruces on Scribd

miércoles, 10 de mayo de 2023

VISITA E CHARLA DE EX-ALUMNOS/AS

Na tarde do mércores 10 de maio de 2023 tivemos a visita de varios compañeiros/as que remataron 4º ESO o curso pasado. Andrea, Antía, Alex e Matías contaronnos como están a desenvolverse nas sús novas traxectorias académicas. Antía e Matías están cursando Bacharelato de Ciencias Sociais no IES das Mariñas en Betanzos, vailles moi ben aínda que teñen que pelexar algo co inglés. Alex está a cursar unha FP de grao medio de electromecánica no IES de Curtis, está moi contento coa decisión que tomou e o que máis lle gusta e a parte práctica e terse librado por fin de estudar sintaxe. Andrea esta a cursar un FP de grao medio de auxiliar de enfermería, comentounos que este curso ten máis carga teórica pero que xa comezaron a facer prácticas e que atopase moi satisfeita coa elección que fixo. O alumnado de 3º e 4º ESO aproveitou esta charla para preguntar dúbidas e escoitar os consellos e a experiencia dos compañeiros/as, feito que sempre é moi enriquecedor.




lunes, 6 de marzo de 2023

TECNOLOXÍA: CLAVES PARA EDUCAR

 



Estimadas familias, Queremos convocarvos a unha reunión xeral na que abordaremos unha temática de vital importancia na sociedade actual. Un obradoiro para axudarnos a xestionar o uso do medios e recursos dixitais por parte dos nosos fillos e fillas para que estes medios non se convertan nun risco para o alumnado e nun elemento máis de preocupación para as familias. Para isto, contaremos cunha persoa de recoñecido prestixio: Antonio Rial Boubeta, profesor da USC e investigador. El, axudaranos a entender como funcionan estes recursos e analizar as repercusións que poden ter se non estamos preparados para afrontar o seu uso de forma responsable e segura. Trátase de dialogar e contrastar opinións para xerar prácticas de uso axeitadas a cada tramo de idade. Será o próximo xoves, 9 de marzo ás 16:45. Máis información na web do centro. Un saúdo.

miércoles, 2 de noviembre de 2022

VISITA DE ENTRECULTURAS AO CPI VIRXE DA CELA

O mércores 2 de novembro de 2022 contamos no noso centro coa visita de Estefanía Franco, técnica da Fundación Entreculturas,  para impartir  unha charla sobre a Rede Solidaria de Mocidade Entreculturas ao alumnado de 1º, 2º e 3º ESO. Con esta actividade temos o obxectivo de reactivar a Rede Solidaria e formar un grupo de alumnos/as que queran seguir mantendo este proxecto que durante xa máis dunha década foi todo un signo de identidade do noso centro e que nos últimos anos foise debilitando por diferentes motivos (un deles, sen dúbida, foi a interrupción de encontros presenciais debido á Covid-19.)  Durante dúas sesións lectivas (de 12:35 a 14:15) Fani transmitiu aos rapaces e rapazas todo o seu entusiasmo, explicando en que consiste a Rede Solidaria, que pasos hai que seguir para iniciarnos nela, e  todas as cousas que nos pode aportar. Houbo tempo de visionar videos dos Encontros Globais da Rede Solidaria en Madrid, de repasar no noso blogue Monferosolidario algúns momentos históricos, como foi a celebración de dúas asambleas da Rede Solidaria no CPI Virxe da Cela, e incluso de realizar dinámicas e xogos, como un escape room utilizando dispositivos móbiles para reflexionar sobre temas tan importantes como o coidado do medio ambiente. 

Aproveitando esta visita e charla quixemos inaugurar unha exposición sobre a traxectoria de Monferosolidario vinculada á Fundación Entreculturas. Podedes ver nos corredores de educación secundaria varios paneis expositivos con carteis, crónicas, reportaxes fotográficas, así como unha colección de materiais didácticos publicados por Entreculturas

Esperemos que neste curso 2022-2023 a Rede Solidaria de Mocidade Entreculturas poda enraizar de novo entre os nosos mozos e mozas, aportándonos ferramentas para construír un mundo mellor. 

















jueves, 28 de marzo de 2019

CHARLAS FUTURO ACADÉMICO E PROFESIONAL

    O alumnado a medida que vai avanzando na súa escolaridade vai tomando unha serie de decisións que van deseñando o seu camiño. Unha desas decisións é a que están a piques de tomar o alumnado de 4º de ESO: Que estudar cando remate esta etapa? Onde facelo? Xa teñen claras moitas cousas, pero aínda quedan pequenas incertezas. 
     Para solventar algunhas delas o Departamento de Orientación invitou ao profesorado do IES de As Mariñas e do IES Francisco Aguiar de Betanzos para que lles contaran en primeira persoa cal é a oferta de cada un dos seus centros.