Unha ducia de familias participaron na charla "Educar en Positivo", que tivo lugar o martes 28 de novembro de 2023 de 16:00 a 18:30 na aula de Usos Múltiples do CPI Plurilingüe Virxe da Cela. É de vital importancia que familias e escola vaian da man no difícil camiño da educación, por iso esta actividade, promovida pola Fundación Ayuda en Acción e a ANPA do CPI Virxe da Cela, pode ser un elemento clave que repercutirá sen dúbida nos nenos e nenas. Para facilitar a participación das familias, a Fundación Ayuda en Acción ofertou un servizo de ludoteca para que os nenos/as se iniciaran na globoflexia e potenciaran as súas capacidades creativas a través de debuxos.
A psicóloga e psicoterapeuta Medalith Falcón, especializada en dificultades de regulación emocional, foi a encargada de impartir esta charla, desde un enfoque de natureza integradora, tratando de guiar ás familias cara á comprensión e as xestión das dificultades desde a amabilidade e a resiliencia, e promovendo un proceso de autodescubrimento baseado na confianza e na empatía. Esta charla, xunto con outras dúas charlas máis planificadas para o segundo e o terceiro trimestre, conformarán un ciclo formativo a desenvolver durante este curso académico 2023-2024.
Vc Formacion Familias by veracruces on Scribd
No hay comentarios:
Publicar un comentario