domingo, 19 de noviembre de 2023

2O DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

 


No Día Internacional dos Dereitos dos Nenos, é importante lembrar e reivindicar os dereitos que cada neno e nena teñen polo simple feito de ser nenos. Debemos asegurarnos de que teñan unha infancia feliz, segura e chea de oportunidades para crecer e desenvolverse plenamente.

Neste día, queremos lembrar que cada neno é especial e único, e merece ser tratado con dignidade e respecto. É o deber de toda a sociedade asegurarnos de que se cumpran  e de traballar xuntos para construír un mundo máis xusto e equitativo para todos.

O alumnado de 3º de ESO realizou un podcast para conmemorar esta data e reivindicar o seu cumprimento.



No hay comentarios:

Publicar un comentario