martes, 28 de noviembre de 2023

NADAL CON SENTIDIÑO: CONCURSO DE POSTAIS



A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Concurso de Postais de Nadal de técnica libre e realizados con materiais naturais co que se invita a gozar das festas de forma responsable e respectuosa co medio ambiente. 

BASES 

O obxectivo principal deste concurso é a elaboración de postais/tarxetas de Nadal realizadas partindo de materiais naturais sempre pensando no compromiso coa conservación e coidado do medio natural. Trátase de tomar conciencia sobre a cantidade de residuos diarios que xeramos coa conseguinte problemática medioambiental, comprendendo o valor de evitar consumos innecesarios e promovendo a busca e descubrimento de posibles solución alternativas aos adornos tradicionais. 

2º. Participantes Poderán participar cantas persoas o desexen. Só se aceptará un traballo por participante. 3º. A técnica será libre. Poderase utilizar calquera material (follas, landras, cortezas, cunchas, téxtiles, froitos secos, paus, cordeis, etc) sobre unha superficie de cartulina cunhas dimensión máximas de 148 x 210 mm (A5). Premiarase a orixinalidade, presentación e calidade como se indica nos criterios de valoración. 

4º. Criterios de Valoración: ~ Creatividade. ~ Consumo mínimo de recursos. ~ Material utilizado. ~ Deseño. 

5º. Premios. a. Categoría cativos: ata 8 anos de idade b. Categoría mocidade: de 9 a 14 anos c. Categoría xeral: maiores de 15 anos Establécense os seguintes premios: Dous premios por categoría e premio ao obxecto máis orixinal. Os premiados recibirán un diploma e agasallos consistentes en xogos e libros. 

6º. Exposición e Fallo Prazo de recepción: os traballos deberán presentarse no MUSEO DE HISTORIA NATURAL antes do día 15 de decembro. Todas as postais presentadas exporanse no MHN, no mes de Nadal. Fallo e entrega de agasallos: establécese o día 21 de decembro como data de fallo do xurado e entrega de premios ás 18:00 h


No hay comentarios:

Publicar un comentario