Mostrando entradas con la etiqueta Semana europea do deporte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana europea do deporte. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de septiembre de 2019

#BEACTIVE. SEMANA EUROPEA DO DEPORTE. O MOVEMENTO É VIDA

https://ec.europa.eu/sport/week_en


Dende o 23 ata o 27 de setembro, no colexio CPI Plurilingüe Virxe da Cela, celebramos a Semana Europea do deporte, baixo o lema #Beactive.
Tódolos días tíñamos que dedicarlle uns minutos a facer algo de deporte entre clase e clase, pero o día máis especial foi o Xoves 26, xa que cambiamos as clases normais por xogos e deportes durante toda a xornada lectiva.
 Organizado polas especialistas de Educación Física, Ruth Varela (E.I. e E.P.) e Teresa Blanco (E.S.O.), fixemos un montón de actividades: Bailes e congas para inaugurar o día, estacións deportivas (Gymkanas, deporte adaptado, xogos tradicionais, carreiras de relevos, brillé, slackline e fútbol) e exercicios de relaxación, onde non había palabras, soamente música.
 Unha semana para lembrar, facendo fincapé na importancia da actividade física para as nosas vidas.

Redorcade... #Beactive. (O movemento é vida)