Dende o 23 ata o 27 de setembro, no colexio CPI Plurilingüe Virxe da Cela, celebramos a Semana Europea do deporte, baixo o lema #Beactive.
Tódolos días tíñamos que dedicarlle uns minutos a facer algo
de deporte entre clase e clase, pero o día máis especial foi o Xoves 26, xa que
cambiamos as clases normais por xogos e deportes durante toda a xornada
lectiva.
Organizado polas
especialistas de Educación Física, Ruth Varela (E.I. e E.P.) e Teresa Blanco
(E.S.O.), fixemos un montón de actividades: Bailes e congas para inaugurar o
día, estacións deportivas (Gymkanas, deporte adaptado, xogos tradicionais,
carreiras de relevos, brillé, slackline e fútbol) e exercicios de relaxación,
onde non había palabras, soamente música.
Unha semana para
lembrar, facendo fincapé na importancia da actividade física para as nosas
vidas.
Redorcade... #Beactive. (O movemento é vida)
No hay comentarios:
Publicar un comentario