Mostrando entradas con la etiqueta CEIDA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CEIDA. Mostrar todas las entradas

jueves, 6 de marzo de 2025

Soberania alimentaria: educación ecosostible

Participamos no programa do CEIDA en colaboración coa Deputación da Coruña para unha transición ecolóxica sostible.

Con esta actividade quixemos dar a coñecer a agricultura e gandaría social, sostible e de proximidade, que garanta unha alimentación segura, nutritiva, sa, e de calidade; baseada en métodos responsables de produción que promovan a protección ambiental e o benestar animal e que ademais, fomenten a conservación dos recursos naturais. Un proceso que garante a calidade de vida dos pequenos e medianos produtores para preservar un medio rural social, ambiental e economicamente viable.


A mesma, consta de dúas partes:

1ª Actividade no centro educativo sobre a soberanía alimentaria onde se expón de maneira sinxela e amena o concepto de soberanía alimentaria, os principais problemas ambientais polos nosos hábitos de alimentación e consumo actuais, a importancia dunha agricultura e gandeira ecolóxicas e sostibles, e a forma que temos entre todos de mudar os nosos hábitos diarios de consumo para axudar a mitigar este problema.


2ª Visita guiada a un produtor asociado á Marca de Calidade da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ou dos Grupos de Desenvolvemento Rural da provincia da Coruña, neste caso a Asociación Raíña Paraíso (Vilasantar).




Desta forma, vimos como a realidade do rural de hoxe en día e posible se somos quen de aproveitar as nosas potencialidades formando parte dunha sociedade crítica e responsable cun futuro sostible.

lunes, 25 de noviembre de 2024

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

A provincia da Coruña conta con dous parques naturais: o Parque Natural Fragas do Eume e o Parque Natural Complexo Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e unha Reserva da Biosfera, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñas e Terras do Mandeo. Estes espazos a meirande parte das veces son descoñecidos pola poboación da mesma provincia, incluso polas persoas que viven en Concellos situados no seu interior.

O programa 'Para unha Transición Ecolóxica', desenvolvido desde o CEIDA co apoio da Deputación da Coruña, posibilita poñer en valor nos centros educativos da provincia da Coruña a importancia e valores destes espazos naturais protexidos, mediante actividades que permiten aos participantes enmarcados na súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á súa protección e conservación.

Desta forma, o alumnado do 3º ciclo conta neste curso escolar con dúas propostas:

  • Actividade no centro educativo sobre un dos espazos naturais protexidos da provincia da Coruña. Presentación  onde se expón de maneira sinxela e amena as características dun espazo natural protexido, a importancia dunha figura de protección, a riqueza do seu patrimonio natural e cultural, os principais problemas ambientais que sofren e a forma que temos entre todos de poder axudar a protexelos.
  • Percorrido pola 'Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: Costa do Dexo".

Con ela queremos que o alumnado:
  • Coñeza patrimonio natural e cultural que albergan estes espazos, así como o seu valor ambiental xeral a través da historia.
  • Analice   os recursos que amosa e o valor que aportan estas figuras ao territorio e á poboación local de cada un dos Parques Naturais e da Reserva da Biosfera.
  •  Entenda as problemáticas ambientais ás que están sometidos estes espazos en busca do coidado e mantemento dos mesmos.
  • Comparta experienzas e inquedanzas desde a responsabilidade crítica persoal e social.

      

Imaxe do primeiro obradoiro dentro deste programa do CEIDA.

jueves, 6 de junio de 2024

Lixo mariño

O vindeiro 8 de xuño é o día do coidado e protección dos océanos. Para concienciar ao noso alumnado, hoxe o alumnado de 5º e 6º participou nun obradoiro, onde Ángel (formador do CEIDA) onde lles estivo explicando a evolución da producción dos plásticos e como, os microplásticos e os nanoplásticos, están a afectar na flora e fauna mariña dos nosos océanos. 






jueves, 18 de abril de 2024

VISITA Á ILLA DE SANTA CRUZ

O alumnado de 5º e 6º EP foi a visitar illa de Santa Cruz e a sede do CEIDA. Durante a visita, os nosos nosos acompañantes (expertos do CEIDA), contáronnos a historia do castelo (dende o seu pasado como fortaleza militar, pasando a ser a vivenda de verán de Emilia Pardo Bazán, os seus anos como orfanato ou a súa actual labor como espazo didáctico de divulgación medioambiental. Tal e como aprendimos hoxe, a historia da illa marca o seu pasado protector: social, ambiental e militar.

Ademais, coñecemos as diferentes expecies protexidas que viven na illa, aprendendo a lenda da herba de namorar, o uso do muro do castelo como cetárea ou a historia da pardela cincenta que durante 15 anos, voluntariamente, durmiu por tempadas na recepción dun hotel próximo, ata adicáronlle un maio!

Para rematar, coñecemos a Sven, un escultor alemán que empregando lixo atopado na praia de Muros constriu un transformer de plástico que busca concienciar sobre os destragos que causa o lixo mariño.

















viernes, 12 de enero de 2024

PEGADA ECOLÓXICA: RESPONSABILIDADE PERSOAL E SOCIAL

 

A emerxencia climática é probablemente un dos maiores retos ao que nos temos que enfrontar. Xa estamos a comprobar como se están a cumprir os peores escenarios previstos hai tempo por investigadores e expertos. En xaneiro de 2020 o goberno declarou a emerxencia climática e ambiental, en resposta ó consenso da comunidade científica, a cal reclama accións urxentes para salvagardar o medio ambiente. Pese a isto, a sensación é que a cidadanía continúa allea a este problema e non estamos a mudar nin os nosos hábitos e moito menos os nosos comportamentos.

Coa participación do alumnado de 5º e 6º curso da Ed. Primaria no programa “Para unha Transición Ecolóxica”, desenvolvido polo CEIDA co apoio da Deputación da Coruña, pretendemos sensibilizar sobre o futuro que nos agarda de non combater a emerxencia climática, e concienciar dende os centros escolares; posto que a comunidade escolar non está formada só por nenas e nenos, senón tamén por pais, profesorado, persoal non docente, etc. Isto ofrece a oportunidade de converterse en laboratorios de posta en marcha de novas medidas de sustentabilidade e cooperación.

Imaxe do desenvolvemento do primeiro dos obradoiros co alumnado de 5º curso da Ed. Primaria

Son dous obradoiros onde, no primeiro  contaremos cunha sinxela e amena exposición, as causas e consecuencias do cambio climático, as súas evidencias en Galicia, adquirir conciencia do noso impacto persoal e como podemos adaptarnos ou tentar mitigar os seus efectos.

No segundo trataremos a pegada ecolóxica, onde cada un/unha da nosa rapazada calculará a súa pegada mediante un sinxelo test recollendo datos da vida cotiá.  Cos resultados debateremos para que cada persoa poña en valor  a importancia de minimizala.