A emerxencia climática é probablemente un dos
maiores retos ao que nos temos que enfrontar. Xa estamos a comprobar como se
están a cumprir os peores escenarios previstos hai tempo por investigadores e
expertos. En xaneiro de 2020 o goberno declarou a emerxencia climática e
ambiental, en resposta ó consenso da
comunidade científica, a cal reclama accións urxentes para salvagardar o
medio ambiente. Pese a isto, a sensación é que a cidadanía
continúa allea a este problema e non estamos a mudar nin os nosos hábitos e
moito menos os nosos comportamentos. Coa participación do alumnado de 5º e 6º curso da Ed. Primaria no programa “Para unha Transición Ecolóxica”, desenvolvido polo CEIDA co apoio da Deputación da Coruña, pretendemos sensibilizar sobre o futuro que nos agarda de non combater a emerxencia climática, e concienciar dende os centros escolares; posto que a comunidade escolar non está formada só por nenas e nenos, senón tamén por pais, profesorado, persoal non docente, etc. Isto ofrece a oportunidade de converterse en laboratorios de posta en marcha de novas medidas de sustentabilidade e cooperación.
No segundo
trataremos a pegada ecolóxica, onde cada un/unha da nosa rapazada calculará a
súa pegada mediante un sinxelo test recollendo datos da vida cotiá. Cos resultados debateremos para que cada
persoa poña en valor a importancia de
minimizala. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario