O CPI Virxe da Cela unímonos á celebración do Día Escolar da non Violencia e a Paz. Esta actividade consistiu na elaboración dun mural conxunto achegando as aportacións das diferentes aulas a modo de vagón con palabras relacionadas coa paz: un poema, unha canción, titulares de noticia... unha proposta aberta para fomentar a diversidade e creatividade do alumnado. O martes 30 de xaneiro de 2024 o tren cos seus respectivos vagóns articulouse nun taboleiro de cortiza do patio cuberto, e as diferentes clases/aulas foron visitalo ese día con motivo da conmemoración.
ESPECIAL RADIOFÓNICO DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. PODCAST SOBRE A GUERRA EN ISRAEL.
No hay comentarios:
Publicar un comentario