Lorena Boga e Jennifer Chamadoira, da Fundación Ayuda Acción, visitaron o CPI Virxe da Cela o martes 16 de xaneiro para presentar aos docentes o Centro de Intercambio de Prácticas Docentes (para a Ed. Primaria ás 13:55 e para a ESO a partir das 14. 10 h). Afondaron nos contidos de dous cursos en especial: o de Radio Escolar e Participación Infantil e o de Xestión Emocional, ambos cursos de especial interese dado que grazas a esta entidade contamos con programas como a Radio Escolar, de Ioga para a Ed. Infantil ou o de Habilidades sociais para as etapas da Ed. Primaria e da ESO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario