Atte. Antonio González
Mostrando entradas con la etiqueta cidadanía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cidadanía. Mostrar todas las entradas
miércoles, 24 de octubre de 2012
MOCIDADE CRÍTICA E RESPONSABLE NO CPI VIRXE DA CELA
Como
resposta á convocatoria e posta en acción de apoio
á folga xeral estudantil do 16, 17 e 18 de outubro de 2012 convocada
polo
Sindicato de Estudantes en colaboración con CEAPA e outras
organizacións, pretendemos
o grupo de alumnado de 4º da ESO do CPI "Virxe da Cela" facer oir a
nosa voz a través da nota de prensa que se adxunta e do manifesto tamén
achegado. O número de alumnado do noso colexio é moi baixo (12 persoas
integramos o grupo de 4º da ESO) polo que nunca hai repercusión destes
eventos,
desta vez pretendemos que iso cambie na medida do posible. Xa que a
cotío traballamos en Monferosolidario co obxectivo dun mundo máis xusto e
no que os dereitos humanos se respecten, esperamos que tal como nós
como alumnos/as nos posicionamos en nome de Monfero e Irixoa, solidarios
coas reivindicacións do Sindicato de Estudantes e conscientes dos
motivos desta folga, Monferosolidario tamén sexa partícipe do manifesto
de manter os nosos dereitos e unha educación pública de calidade.
Etiquetas:
cidadanía,
educación,
estudantes
jueves, 18 de octubre de 2012
EDUCAR PARA A CIDADANÍA GLOBAL
"Educar para a cidadanía global: discursos, ferramentas e experiencias para o cambio social" é o eixo que articulou as I Xornadas Galegas de Educación para o Desenvolvemento, que tiveron lugar na Facultade de Matemáticas da USC entre os días 19 e 21 de outubro de 2012. Organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela, a Coordinadora Galega de ONG para o desenvolvemento e a ONG Intervida, estas xornadas supuxeron un éxito e un punto de partida, que esperemos den os seus froitos en futuras edicións. Verónica Dopico e Yolanda Castro, coordinadoras do proxecto Monferosolidario, tiveron ocasión de presentar esta proposta de educación en valores que estase a realizar no CPI Virxe da Cela, no marco de experiencias e boas prácticas de educación para a cidadanía global en Galicia, xunto coas propostas do CRA de Ponteceso, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, o IES Campo de San Alberto de Noia, a EPAPU do Centro Penitenciario de Teixeiro, e ESF de Enxeñería Sen Fronteiras da Universidade da Coruña. Ademáis da presentación de estas experiencias de centros educativos, estas xornadas ofreceron un marco teórico, de reflexión e de debate, abordando as temáticas da Aprendizaxe-Servizo, a Educación Popular, o poder da educación para transformar a sociedade, a diganose da educación para a cidadanía global en España, os procesos de Sistematización e Avaliación, etc.
Etiquetas:
cidadanía,
educación para o desenvolvemento
Suscribirse a:
Entradas (Atom)