Iniciamos a semana (luns 19 de maio 2025, aula Ferraganchos, de 15:35 a 16:45) cunha reunión online con María Lobo (AGARESO), para poder ir dando forma aá última etapa do proxecto Rede Compás. Sabemos que o tempo é limitado e que temos que tomar decisións para deseñar a nosa "comunicación de guerrilla" e poder levar á cidadanía as demandas da mocidade dos concellos de Monfero e Irixoa.
lunes, 19 de mayo de 2025
jueves, 27 de marzo de 2025
VIDEOCONFERENCIA ALUMNADO REDE COMPÁS
Xoves 27 de marzo de 2025, de 10:30 a 11:15. Aula de Ferraganchos. Representantes do alumnado dos 5 centros galegos que participan no Proxecto Rede Compás (Erasmus+), realizan unha videoconferencia para organizar a actividade Hackatlon que se levará a cabo conxuntamente os días 23, 24 e 25 de abril de 2025 en Allariz. Para a vindeira semana os representantes do alumnado reunirase co resto dos rapaces/zas inscritos no proxecto para informarlles sobre os acordos tomados.
lunes, 17 de marzo de 2025
VIDEOCONFERENCIA PROFESORADO REDE COMPÁS
Luns 17 de marzo de 2025, ás 16:00 horas. Zoom. O profesorado coordinador do proxecto Rede Compás dos cinco centros galegos que participan nesta iniciativa (Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARSO Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social), manteñen unha reunión online con María Lobo, de AGARESO. Nesta reunión abordouse principalmente a preparación da xuntanza que o alumnado dos cinco centros terá a finais de mes nun albergue en Allariz, cunha estancia de 3 días, na que tratarán de sacar a diante unha acción performativa a sentar as bases do que será o manifesto que se utilizará como incidencia política non so nos gobernos locais no mes de xuño, senón tamén a nivel europeo (viaxe a Bruxelas en setembro 2025).
![]() |
Imaxe da actividade formativa. |
viernes, 21 de febrero de 2025
SEGUNDA FORMACIÓN PARA O ALUMNADO REDE COMPÁS
Venres 21 de febreiro 2025. UUMM
Este pasado venres, 28 de febreiro de 2025, María Lobo impartiunos a segunda charla sobre o proxecto da Rede Compás. Este proxecto trata sobre visibilizar á xente do rural galego que non ten un papel importante nas decisións que se toman dende á Xunta de Galicia, dende o Goberno central de España, en Madrid, ou mesmo dende Bruxelas, en Bélxica. A este obradoiro apuntámonos a mitade da ESO, xa que estamos 20 alumnos e alumnas implicados neste proxecto. Paréceme moi bo resultado xa que normalmente a estas actividades non se apunta tanta xente e prefiren emplear ese empo para outras cousas. No obradoiro debatimos e falamos sobre os temas do primeiro obradorio. Ademáis veu un chico que non me lembro do seu nome a sacarnos fotos mentres facíamos o obradoiro que tamén pertence ao proxecto. Así que este obradoiro gústame moito porque podemos levar os nosos pensamentos ata o mesmiño Parlamento da Unión Europea de Bruxelas! MG 3º ESO.
viernes, 24 de enero de 2025
PRIMEIRA FORMACIÓN PARA ALUMNADO REDE COMPÁS
O venres 24 de xaneiro de 2025 tivemos o primeiro obradoiro da Rede Compás. Foi dirixido por María Lobo, da asociación AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). Nel estivemos debatindo sobre que obxetivos da xuventude (propostos pola ONU) críamos máis o menos importantes, para despois elixir un e levalo até o Parlamento Europeo (previsto para o vindeiro curso). A sesión durou 2 horas e media e para min estivo moi entretida. Gustoume moito a maneira de dirixir de María, xa que en case todo momento mantivo un ambiente amigable e dinámico. Aínda que pasamos moito tempo debatindo sobre cousas que non estaban necesariamente relacionadas co que estabamos a facer, creo que fixemos avances enormes e que na seguinte sesión poderemos afondar máis. Tamén penso que as nosas habilidades de debatir poden mellorar grazas a este proxecto. En conclusión, o obradoiro encantoume, penso que fixen ben en apuntarme, vou seguir no programa e penso que a idea de darlle voz á rapazada é xenial. Marcu Popa (2º ESO).
viernes, 13 de diciembre de 2024
REDE COMPÁS PRIMEIRO TRIMESTRE
Durante este primeiro trimestre do curso 2024-2025 foron varias as actividadades desenvolvidas para poñer en funcionamento, organizar e dinamizar o proxecto Rede Compás Erasmus+ que se levará a cabo nos vindeiros meses. Deixamos constancia neste pequeno resumo:
O martes 14 de novembro de 2024, de 17:30 a 19:00 horas, aplicación zoom.
Profesorado de cinco centros galegos que van participar na Rede Compás (proxecto Erasmus+), cos coordinadores Roi Quitián e María Lobo (AGARESO).
Martes 3 decembro 2024. O Grupo Motor do CPI Virxe da Cela, liderado por alumnado de 4º da ESO, comunícase con Roi Quitián por videoconferencia.
Venres 13 decembro de 2024: As profesoras Yolanda Castro e Verónica Dopico, que coordinan a Rede Compás no CPI Virxe da Cela, realizan unha videoconferencia Zoom con María Lobo.
Paralelamente a estas actividades de coordinación entre os responsables do proxecto, estamos a realizar reunións periódicas co alumnado do Grupo Motor algúns venres de 15:35 a 16:25 para ir marcando obxectivos e para proporcionar un espazo para que a rapazada poda tomar as súas propias decisións e marcar o rumbo.
miércoles, 2 de octubre de 2024
PRESENTACIÓN REDE COMPÁS
Mércores 2 de outubro 2024.
María Lobo, da ONGD AGARESO, visitou o noso centro para impartir un obradoiro para todo o alumnado da ESO sobre asociacionismo xuvenil. Esta é a primeira das actividades (toma de contacto) co proxecto “Rede Compás”. A través de diferentes dinamicas participativas, os mozos e mozas do CPI Virxe da Cela reflexionaron sobre os súas necesidades para garantir o seu presente e futuro nun medio rural como o noso, para extraer unha serie de demandas e peticións que se pretende facer chegar aos nosos representantes políticos. María Lobo explicou detalladamente o cronograma deste proxecto, que nos fará compartir experiencias con outros catro centros galegos.
A "Rede Compás" intégrase na convocatoria Erasmus Plus KA154, financiado por la UE, e realizarse a través dun convenio de colaboración con AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). Consta de varias formacións online, unha xuntanza con outros centros galegos en abril de 2025 e unha viaxe ao Parlamento Europeo en setembro 2025.