O venres 24 de xaneiro de 2025 tivemos o primeiro obradoiro da Rede Compás. Foi dirixido por María Lobo, da asociación AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). Nel estivemos debatindo sobre que obxetivos da xuventude (propostos pola ONU) críamos máis o menos importantes, para despois elixir un e levalo até o Parlamento Europeo (previsto para o vindeiro curso). A sesión durou 2 horas e media e para min estivo moi entretida. Gustoume moito a maneira de dirixir de María, xa que en case todo momento mantivo un ambiente amigable e dinámico. Aínda que pasamos moito tempo debatindo sobre cousas que non estaban necesariamente relacionadas co que estabamos a facer, creo que fixemos avances enormes e que na seguinte sesión poderemos afondar máis. Tamén penso que as nosas habilidades de debatir poden mellorar grazas a este proxecto. En conclusión, o obradoiro encantoume, penso que fixen ben en apuntarme, vou seguir no programa e penso que a idea de darlle voz á rapazada é xenial. Marcu Popa (2º ESO).
viernes, 24 de enero de 2025
PRIMEIRA FORMACIÓN PARA ALUMNADO REDE COMPÁS
Venres 24 xaneiro 2025
Un total de 17 alumnos/as dos diferentes cursos da ESO e dúas docentes do CPI Virxe da Cela están a participar nun interesante proxecto, Red Compás, integrado na convocatoria Erasmus Plus K154, financiado pola Unión Europea coa vontade de aportar xuventude que deseñe e pense modelos alternativos e sostibles para as súas localidades. A Red Compás ten como obxectivo acompañar á mocidade de cinco localidades galegas para desenvolver unha acción colectiva de carácter social.
O venres 24 de xaneiro de 2025 tivo lugar a primeira das actividades formativas, impartida por María Lobo de AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social), que foi unha primeira toma de contacto para aprender a deseñar estratexas de comunicación e interacturar con institucións locais e medios de comunicación, un proceso de varios meses nos que estes rapaces e rapazas darán visibilidade as súas propostas e buscarán a implicación de líderes comunitarios e políticos nas súas ideas. Nesta primeira xornada formativa amosouse como o pico do iceberg o enorme potencial de esta mocidade que empeza a despuntar, aprendendo que do diálogo respectuoso e da unión como grupo pode canalizarse toda esta enerxía transformadora.
Etiquetas:
AGARESO,
Erasmus Plus,
María Lobo,
Rede Compás
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario