Están dirixidas aos estudantes de 5º e 6º de primaria
dos centros educativos galegos e compóñense de dúas actividades: unha charla
con deportistas con diversidade funcional e un evento para coñecer o deporte
adaptado e inclusivo.
Hoxe contamos no centro cunha espectacular
charla con deportistas con diversidade funcional. Este diálogo compartido
supuxo un achegamento previo ao encontro provincial, no que varios
deportistas compartiron a súa traxectoria e conversaron co alumnado, resolvendo
todas as preguntas que lles xurdiron.
O encontro provincial será o próximo 17 de marzo. O
mesmo, é un evento reúnense os colexios da provincia participantes na
iniciativa e son onde alumnado proba distintos deportes e material deportivo
adaptado, rotando por diferentes estacións deportivas dirixidas por entidades
deportivas locais, deportistas con diversidade funcional e o equipo ENKI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario