jueves, 23 de enero de 2025

Obradoiros sobre accesibilidade e sobre diversidade funcional

En colaboración con EuroEume queremos crear un espazo lúdico de expresión e reflexión sobre a Educación Inclusiva, co fin de sensibilizar aos alumnado da importancia e os beneficios de que todos os nenos e as nenas aprendan xuntos, independentemente das súas condicións persoais, sociais ou culturais.

Partimos da necesidade de ofrecer un centros educativo comprensible, capaz de proporcionar contornas e espazos onde as persoas os comprendan dunha maneira fácil, segura e autónoma o que facilitará que toda a comunidade coñeza e comprendan os múltiples elementos cos que conta o centro desde un punto de vista accesible.

Polo tanto, estas charlas nacen da necesidade de dar a coñecer o termo de accesibilidade e os seus diferentes clasificacións, así como aprender a identificar os elementos da nosa propia contorna que axudan e facilitan a adaptación e accesibilidade dos espazos. O obxectivo principal, é concienciar da importancia de crear espazos onde todas as persoas poidan participar de forma activa e independente na comunidade. 

Unha das cousas que aprendemos nas charlas é que accesibilidade nos beneficia a todas as persoas, con e sen discapacidade. Xa que as vilas e os espazos non están deseñados para todas as diversidades que hai na poboación, entre todos e todas podemos cambiar a mirada e repensar de que maneira contribuír nun mundo máis acorde coa realidade e a diversidade das persoas.

Ao tempo, desde a Asociación Euroeume estase a traballar  na sinalización con pictogramas para actualizar a sinalática coa que contamos no centro. 


Diferentes imaxes dos obradoiros sobre accesibilidade e diversidade funcional realizados no segundo trimestre do curso escolar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario