jueves, 30 de abril de 2026

SAME 2026: A EDUCACIÓN NOS MOMENTOS DE CRISE

Un ano máis o CPI Plurilingüe Virxe da Cela únese á SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación) unha iniciativa que busca sensibilizar e mobilizar á  comunidade educativa ao redor do dereito a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade para todas as persoas.

“Educación dixital en contextos de emerxencia” é o lema da campaña deste ano, abordando unha problemática actual que invitou ao alumnado da ESO a reflexionar sobre  como garantir que a aprendizaxe continúe activo e accesible durante situacións de emerxencia —xa sexan  conflitos, desastres naturais, pandemias ou cortes de conectividade—, utilizando os medios dixitais de forma  xusta e sostible. 

Nas materias de Proxecto Competencial e Relixión o alumnado dos diferentes cursos da ESO participaron ou ben deseñando e elaborando un punto de conexión SAME 2026 (instalación visual colaborativa no centro educativo) ou ben en formato radiofónico, gravando e editando podcasts centrados en catro tipos de situacións de emerxencia nos que a educación dixital permite o acceso á educación, a través dos cales poideron reflexionar e valorar ata que punto esta tecnoloxía é democrática e igualitaria, tendo en conta a fenda dixital que pode chegar a crear. 

O obxectivo central é promover a reflexión colectiva sobre o papel da educación e a tecnoloxía en tempos de emerxencia,  fomentando o compromiso do alumnado coa defensa do dereito para aprender en calquera  circunstancia. 

 






Na miña opinion isto da SAME esta ben, aínda que ao principio parece unha actividade máis das tipicas do instituto. O tema deste ano pareceume bastante real porque co do covid xa vimos que non todo o mundo pode seguir as clases igual. Hai xente que non ten internet nin ordenador e queda atrás mentres outros seguimos como se nada. Eu creo que estas cousas estan ben porque fanche pensar un pouco e darte de conta de que non todos temos as mesmas oportunidades. A veces nin o pensamos porque para nós é normal ter todo fácil porque foi así dende que nacemos. En resumen esta ben participar nestas actividades porque axudan a concienciar e a valorar máis o que temos aínda que non o pareza moito. M. G. T (4º ESO).

Nas últimas clases de Proxecto Competencial realizamos una actividade relacionada coa Semana Mundial pola Educación. Este proxecto baseouse na gravación e recreación dunha entrevista á x xente que chega doutros países emigrada a lugares máis desenvoltos.  A verdade é que esta actividade é moi rica en empatía, pois nunca tendemos a poñernos no lugar das persoas que teñen que facer un duro esforzo para chegar a un sitio onde supoñan un futuro mellor, arriscándose ás mafias do seu continente, ás duras travesías por sitios con climas extremos, etc. Ademais eu tiven a sorte de ser o presentador, o entrevistador, polo que puiden estar perfectamente ao tanto de todo o que se dixo. Sobre todo, axudoume moito a darme de conta do mal distribuídas que están as tecnoloxías polo menos en España, debido a que nunca me parara a recapacitar sobre como é que nós temos tantos medios tecnolóxicos (impresoras 3D, impresoras láser, robots de todo tipo, ordenadores de última xeración, pantallas dixitais, etc.) que moitas veces nin sequera lle sacamos todo o partido e potencial. N. G. P. (4º ESO).





No hay comentarios:

Publicar un comentario