Mostrando entradas con la etiqueta Creando Cidadanía Global. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Creando Cidadanía Global. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de mayo de 2015

ACTIVIDADE FINAL DO PROXECTO "CREANDO CIDADANÍA GLOBAL"







Esta actividade enmárcase dentro do proxecto de Educación para o Desenvolvmento realizado pola ONGD Solidariedade Internacional de Galicia “Creando Cidadanía Global: Un reto na axenda Post 2015”.
Trátase dun proxecto de incidencia política que formou parte da materia Ético- Cívica, co cal axudamos a desenvolver entre o profesorado e o alumnado de 9 centros educativos de Galicia actitudes para exercer a cidadanía global, mediante o fomento da participación, a loita polos Dereitos Humanos, a responsabilidade social, o empoderamento cívico e a autonomía persoal, coa finalidade de formar cidadáns e cidadás críticas e comprometidas coa construción dun mundo máis equitativo. Para elo, realizáronse tres obradoiros dende novembro de 2014 ata a actualidade,animando á nosa xuventude a participar nas iniciativas políticas e sociais dos seus concellos.
No primeiro obradoiro traballamos os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio como exemplo de axenda política, e realizamos diversas dinámicas que nos serviron para dar a coñecer algunhas das problemáticas globais como o consumo responsable e o comercio xusto, a explotación laboral, os dereitos sexuais e reprodutivos, a trata de persoas, a soberanía alimentaria, a interculturalidade, o medioambiente… vinculándoas co seu contexto local. A idea era traballar estes temas e provocar a “indignación” do estudantado fronte aos mesmos para que lles dera pé a actuar. Neste sentido, dada a proximidade das eleccións municipais, os mozos e mozas comezaron a deseñar a súa propia Axenda Política sobre un tema do seu interese para logo visibilizalo mediante a presente acción de incidencia.
No segundo obradoiro traballamos o tema da Participación como ferramenta empoderadora da sociedade civil e falamos dos futuros Obxectivos de Desenvolvemento Sostible Post 2015 como exemplo dunha axenda política participada para que o alumnado coñecera os consensos aos que chegaron as Nacións Unidas. Ademais realizamos unha “Audiencia” en cada clase, empregando o sistema da democracia participativa, para identificar as propostas de cada alumno e alumna e que así todos/as foran escoitados/as.
No terceiro obradoiro introducimos a visión do Sur, presentándolle aos mozos e mozas unha experiencia real dunha actividade de incidencia política coa presenza dunha rapaza de El Salvador, quen lles falou sobre o tema das pandillas ou maras e de como a xuventude salvadoreña na localidade de Tecoluca, organizouse para crear un movemento xuvenil que loitase para que as mozas e mozos tivesen alternativas para exercer unha xuventude responsable, activa e reivindicativa cara o seu goberno.
A última actividade do proxecto é este acto de incidencia no que os alumnos de incidencia no que os alumnos e alumnas do CPI Virxe da Cela reivindican as súas demandas ao seu goberno municipal.




lunes, 20 de abril de 2015

3º OBRADOIRO "CREANDO CIDADANÍA GLOBAL"







        Chámase Cristiana Louis, é avogada e naceu na República Dominicana. Visitou o CPI Virxe da Cela o luns 20 de abril 2015 para impartir unha charla ao alumnado de 4º da ESO, enmarcada dentro do proxecto Creando Cidadanía Global. Veu acompañada de María Caride, técnico da ONG Solidariedade Internacional Galicia, quen a presentou aos rapaces e rapazas como todo un exemplo de incidencia política. Cristiana pertence á organización MUDHA (Movemento de Mulleres Dominico-Haitianas), unha organización que centra o seu traballo no ámbito da educación, a saúde e os dereitos humanos, loitando pola mellora da calidade de vida da poboación dominico-haitiana. 

     O 23 de setembro de 2013 o Tribunal Constitucional da República Dominicana emitiu unha sentenza (168-13) a cal ordena o despoxo da nacionalidade de centos de persoas nacidas en territorio nacional. As persoas que serían afectadas desta decisión son homes e mulleres fillos e fillas de inmigrantes hatianos/as que foron recoñecidos/as como dominicanos/as e gozaron deste dereito por máis de 20, 40, 60 e 80 anos. Cristiana veunos falar desta situación que ameza coa deportación masiva destas persoas a partires do 15 de xuño deste mesmo ano, converténdoas en apátridas e privándolles da documentación e dos dereitos que lles corresponden. Unha enorme inxustiza na que se evidencian a violación de dereitos fundamentais, como é o dereito á nacionalidade, á dignidade humana, a aplicación retroactiva de leis, etc. 

     Admiramos o valente esforzo de Cristiana Louis e do Movemento de Mulleres Dominico-Haitianas na denuncia e a loita contra esta inxusta sentenza, así como a importante e valiosa labor que están desenvolver na República Dominicana para garantir os dereitos básicos da poboación dominico-haitiana e ofrecendo servizos básicos ás familias.

 

martes, 3 de marzo de 2015

MANUAL PARA CAMBIAR O MUNDO

Penduramos nesta entrada este valiosísimo documento que chegou a nós das mans da ONG Solidariedade Internacional Galicia. Poñendo en práctica os consellos recollidas nas doce páxinas deste curioso "Manual para cambiar o mundo" descubriremos as claves que nos permitirán este feito ás veces tan utópico, tal como reflexa unha das súas frases máis sabias: "Aprender a cambiar o mundo, de forma amena e participativa, en grupo... é empezar a cambialo..ou non??? A resposta a esta pregunta a poden ir pensando os rapaces e rapazas de 4º da ESO, que están participando no proxecto "Creando Cidadanía Global" a través da organización Solidariedade Internacional Galicia. 


viernes, 27 de febrero de 2015

2º OBRADOIRO "CREANDO CIDADANÍA GLOBAL"

A inicios deste curso académico 2014-2015 comprometímonos no proxecto "Creando Cidadanía Global", que chegou ao noso centro da man da ONG Solidariedade Internacional Galicia, organización coa que xa colaborarmos anteriormente. O alumnado de 4º da ESO recibiu un segundo obradoiro, que tivo lugar o pasado venres 27 de febreiro de 2015 e que durou dous períodos lectivos (de 14:45 a 16:25 horas). O tempo pasou voando entre xogos e divertidas dinámicas, co obxectivo fundamental de que os rapaces e rapazas reflexionasen sobre o concepto de "participación". Todo isto para posteriormente tratar de elaborar unha "axenda participada" que reflexectía as propias necesidades e peticións da mocidade da zona. Na próxima sesión de clase abriremos esa caixa "transparente" que alberga todas e cada unha das propostas e reivindicacións, e xa no terceiro trimestre e a través dun último obradoiro, trataremos de facer chegar estas aos nosos representantes políticos. 









martes, 3 de febrero de 2015

AXENDA POST 2015 DO DESENVOLVEMENTO

A ONGD Solidariedade Internacional Galicia remitiunos un artigo publicado no xornal El País que sen dúbida nos axudará a entender un pouquiño máis a idea do proxecto Creando Cidadanía Global que se está a levar a cabo co alumnado de 4º da ESO nas materias de Educación Ético-Cívica e Relixión. É todo un reto na axenda post 2015... Poderedes acceder a este artigo premendo na imaxe inferior: