viernes, 22 de mayo de 2015

ACTIVIDADE FINAL DO PROXECTO "CREANDO CIDADANÍA GLOBAL"







Esta actividade enmárcase dentro do proxecto de Educación para o Desenvolvmento realizado pola ONGD Solidariedade Internacional de Galicia “Creando Cidadanía Global: Un reto na axenda Post 2015”.
Trátase dun proxecto de incidencia política que formou parte da materia Ético- Cívica, co cal axudamos a desenvolver entre o profesorado e o alumnado de 9 centros educativos de Galicia actitudes para exercer a cidadanía global, mediante o fomento da participación, a loita polos Dereitos Humanos, a responsabilidade social, o empoderamento cívico e a autonomía persoal, coa finalidade de formar cidadáns e cidadás críticas e comprometidas coa construción dun mundo máis equitativo. Para elo, realizáronse tres obradoiros dende novembro de 2014 ata a actualidade,animando á nosa xuventude a participar nas iniciativas políticas e sociais dos seus concellos.
No primeiro obradoiro traballamos os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio como exemplo de axenda política, e realizamos diversas dinámicas que nos serviron para dar a coñecer algunhas das problemáticas globais como o consumo responsable e o comercio xusto, a explotación laboral, os dereitos sexuais e reprodutivos, a trata de persoas, a soberanía alimentaria, a interculturalidade, o medioambiente… vinculándoas co seu contexto local. A idea era traballar estes temas e provocar a “indignación” do estudantado fronte aos mesmos para que lles dera pé a actuar. Neste sentido, dada a proximidade das eleccións municipais, os mozos e mozas comezaron a deseñar a súa propia Axenda Política sobre un tema do seu interese para logo visibilizalo mediante a presente acción de incidencia.
No segundo obradoiro traballamos o tema da Participación como ferramenta empoderadora da sociedade civil e falamos dos futuros Obxectivos de Desenvolvemento Sostible Post 2015 como exemplo dunha axenda política participada para que o alumnado coñecera os consensos aos que chegaron as Nacións Unidas. Ademais realizamos unha “Audiencia” en cada clase, empregando o sistema da democracia participativa, para identificar as propostas de cada alumno e alumna e que así todos/as foran escoitados/as.
No terceiro obradoiro introducimos a visión do Sur, presentándolle aos mozos e mozas unha experiencia real dunha actividade de incidencia política coa presenza dunha rapaza de El Salvador, quen lles falou sobre o tema das pandillas ou maras e de como a xuventude salvadoreña na localidade de Tecoluca, organizouse para crear un movemento xuvenil que loitase para que as mozas e mozos tivesen alternativas para exercer unha xuventude responsable, activa e reivindicativa cara o seu goberno.
A última actividade do proxecto é este acto de incidencia no que os alumnos de incidencia no que os alumnos e alumnas do CPI Virxe da Cela reivindican as súas demandas ao seu goberno municipal.




No hay comentarios:

Publicar un comentario