martes, 19 de mayo de 2015

ÉXITO DA CAMPAÑA EMERXENCIA EN NEPAL




Nepal foi sacudido por dous grandes terremotos durante as últimas semanas, levándose por diante a vida de miles de persoas e a destrución deste fermoso país que alberga as montañas máis altas do planeta. Ante este feito e a cantidade de chamamentos que se veñen realizando por diferentes organizacións humanitarias, o CPI Virxe da Cela quíxose unir para aportar o noso grao de area.

Nesta ocasión a iniciativa vén da man do alumnado de 2º da ESO, que está a elaborar con moito cariño e coidado diferentes obxectos (lapis, marcapáxinas, pulseiras) cunha pequena tarxeta que nos lembra “SOS NEPAL”. Tras unha pequena campaña de sensibilización visitando as aulas de todo o centro e enviando cartas informativas ás familias, xa teñen instalado un mostrador na entrada do edificio da entrada onde están á venda estes obxectos, así como o noso xa entrañable “porquiño” onde depositar donativos.

Canalizaremos a nosa axuda a través da ONG Entreculturas, que xa ten proxectado un plan de intervención no país devastado polo terremoto que consta de tres fases: a primeira de axuda de emerxencia, a segunda de recuperación temerá e a terceira e última de rehabilitación. Recuperarse deste duro golpe vai ser unha meta tal alta de alcanzar como coroar o cumio do Everest. Nepal necesita a nosa axuda.










No hay comentarios:

Publicar un comentario