miércoles, 27 de mayo de 2015

DESEÑO DUN CAMPO DE REFUXIADOS EN NEPAL

   

   Na materia de Ética, cursada en 4º da ESO no CPI Virxe da Cela, propúxose fai varios meses unha actividade que consistía no deseño dun campo de refuxiados. O obxectivo principal era concienciar ao alumnado da existencia de miles de personas que teñen que fuxir do seu país de orixe por mor dun conflito bélico, unha persecución étnica ou relixiosa, unha catástrofe natural, e outros motivos. Así os rapaces e rapazas tiveron que elixir un lugar do planeta para "construír" o seu asentamento temporal para recibir refuxiados.
    O pasado 25 de abril un terremoto de grande magnitude ocasionou innumerables pérdidas humanas e materiais en Nepal. Unha alumna de 4º da ESO ofreceu a súa contribución nestes momentos de emerxencia humanitaria, deseñando un campo de refuxiados nunha zona devastada para tratar de cubrir as necesidades humanas básicas dos seus habitantes. É un proxecto hipotético que non se levará a cabo, mais é un exemplo das prácticas frecuentes que realizan desde fai décadas moitas organizacións non gubernamentais en diferentes lugares do mundo. Sofía Pena (4º ESO)


No hay comentarios:

Publicar un comentario