Esta actividade veuse emprendida a raíz do terremoto producido en Nepal o 23 de abril, despois de ver que alí se derruíron casas e casas de familias que non teñen diñeiro para reconstruílas… A nosa profesora de Educación para a Cidadanía propúxonos pensar algo para poder axudar nesta situación crítica e levalo a cabo.
Así fixemos, pensamos en elaborar obxectos manufacturados e vendelos por un prezo simbólico... e alá vamos a comprar material e facer notas informativas para as familias! Levamos a cabo a realización de marcapáxinas e de decoración de lapis. Outros cursos tamén elaboraron obxectos para dárnolos e vendelos.
A semana lectivas do 18 ao 22 venderémolos na entrada de secundaria. Notamos unha boa participación do alumnado, resaltando a primaria e infantil.
Na miña opinión, este é un tipo de proxecto co que non imos parar unha guerra, pero si poñer o noso “gran de area”, sempre é bo pensar de xeito optimista, como dixo a Nai Teresa de Calcuta: “ As veces sentimos que o que facemos é so unha gota no mar, pero o mar sería máis pequeno sen unha gota”.
Sergio García Coira (2º ESO).
No hay comentarios:
Publicar un comentario