domingo, 24 de mayo de 2015

MONFEROSOLIDARIO FINALISTA NO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI 2015

O CPI Virxe da Cela xa está na recta final dos premios do Festival Audiovisual Olloboi 2015. O noso centro co mini-documental “Os obxectivos do Milenio, unha visión dende o CPI Virxe da Cela”,  foi seleccionado como finalista na categoría “Peleóns”, categoría que premia aos audiovisuais coa temática máis reivindicativa e comprometida.
Parabéns a todos os alumnos e alumnas que participáchedes no traballo, aos que estades no centro e aos que estabades o ano pasado en 4º ESO e xa non estades, xa que este traballo comezou a xestarse no curso pasado.
Os premios serán fallados na gala que terá lugar o vindeiro sábado 30 de maio en Boiro, gala que será conducida polos actores Federico Pérez e X.A. Touriñán e a actriz Sabela Hermida, e coa colaboración musical do alumnado de Música do CPI de Dodro.

Parabéns tamén ao CPI Conde de Fenosa de Ares que resultou finalista na categoría "Especial Embarcacións Tradicionais".



No hay comentarios:

Publicar un comentario