viernes, 8 de mayo de 2015

TODO POR UN FIN












       Todo por un fin foi sen dúbida algunha o proxecto mais interesante que levamos a cabo, e co que máis aprendemos.Todo empezou cando a profesora de Educación para a Cidadanía nos ofreceu o proxecto de cooperativismo, e enseguida saliu a idea de ir ao Marineda City, da man da compañeira Antía Lista. Eu como coordinador, vivín mais de cerca a experiencia... todo foi empezar a pensar; que imos levar?quen imos ir? que imos facer?... e as ideas empezaron a saír. 
     Non todos puideron ir ao Marineda, pero si colaboraron no proxecto. Deseñamos folletos, e fotocopiamos uns seiscentos exemplares na fotocopiadora do centro. Tamén deseñou a nosa compañeira Andrea Brage, dous modelos de pegatinas e imprimíronse en Copitec Betanzos. Alí, regaláronnos un poster en papel especial e a toda cor, ademais de vinte folletos en cor! Ao tempo que as cousas se ían facendo, contactamos co Marineda City en moitas ocasión coa axudada xefa de estudos, Marta Novo, e finalmente firmamos un contrato de compromiso e cubrimos todos os papeis. 
       O gran día ( 9 de maio de 2015) chegou e alá vamos, en Betanzos collimos o bus ata a estación da Coruña, e na rúa dos mais collimos outro ata o Marineda. Alí montamos o posto (estendemos información dos proxectos do centro, folletos pegatinas, colgamos o cartel... e no centro, o noso, xa famoso, porquiño). Todo transcorreu con normalidade... ata varios profesores se achegaron a vernos. Cando recontamos os cartos do noso porquiño... case 100 euros en donativos para o Nepal!. Ao final toca regreso, e volvimos como chegamos, pero sen nada nas mans. 
       Na miña opinión este proxecto é desa clase de proxectos coa que aprendes moito. No meu caso, sendo coordinador, aprendín a controlar a situación, a que as cousas van mellor con tempo, a coller responsabilidades, e o mais importante: que para conseguir algo hai que gañalo con traballo. 


 






1 comentario:

  1. parabéns pola iniciativa!!! agardo que poidades replicar esta actividades noutros momentos, xa que é unha gran oportunidade para aprender cantidade de cousas dende a acción voluntaria e a solidaridade.

    saúdos!

    ResponderEliminar