Mostrando entradas con la etiqueta Enraizadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Enraizadas. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de junio de 2025

Fancine Enraizadas, xa o temos aquí!!!

Enraizadas 2025.pdf de Maria del Camino

O traballado nos tres centros educativos en Enraizadas (CEIP de Andrade, o CEIP Mosteiro de Caaveiro e o CPI Plurilingüe Virxe da Cela Virxe da Cela) ten a súa posta en común neste Fancine en prol da igualdade. 

Observa, pregunta e reflexiona e se precisas máis información non dúbides en consultar ao alumnado perticipante. 

No CPI Plurilingüe Virxe da Cela Virxe da Cela temos o alumnado do 5º curso da Ed. Primaria. 


lunes, 16 de diciembre de 2024

Fanzine: Enraizadas

 Neste último obradoiro reflexionamos sobre os contidos traballados e creamos o noso propio fanzine. 

Os fanzines son revistas de escasa tirada e distribución, feita con poucos medios por persoas aficinonadas a distintos temas.

 A través desta publicación caseira, o alumnado de 5º curso da Ed. Primaria creou de forma colaborativo dos diferentes centros participantes na actividade unha publicación que repartiremos nos diferentes centros da iniciativa. 

Creatividade  a partir dunha idea e a través de debuxos, collage, fotos, textos, comic da que pronto teremos o resultado.

Imaxe de portada do Fanzine elaborado polos tres centros educativos.

viernes, 22 de noviembre de 2024

Conversa Enraizadas

Imaxe autoeditada da xornada.
Segundo obradoiro desta proposta da Asociación EuroEume que en colaboración coa oficina para a igualdade de xénero da UDC contamos coa presenza dunha persoa experta que adica a súa vida profesional a investigar sobre distintas temáticas vencelladas á soberanía alimentaria, a custodia do territorio ou os coidados e comunidade.


lunes, 18 de noviembre de 2024

Enraizadas

Enraizadas nace coa necesidade de visibilizar e poñer en valor as estratexias de sustentabilidade da vida que se leva a cabo no rural e, máis concretamente, o papel das mulleres neste proceso.

Este proxecto educativo de educación social na escola da man da Asociación EuroEume, busca contribuír á visibilización e o recoñecemento das mulleres na sociedade, incidindo nun cambio de mentalidade no que os traballos reproductivos e as persoas que os sustentan se convertan en referentes.

Imaxes das dinámicas da actividade.

Buscando asi mesmo, espallar os valores e reflexións do ecofeminismo, contribuíndo ao desenvolvemento rural, reflexionando sobre a soberanía alimentaria, a custodia do territorio e os coidados e comunidade.

Nesta nova edición de 2024, a temática son os coidados e comunidade, onde de maneira transversal, traballaremos valores como a igualdade, a creatividade e a sustentabilidade.

Nesta primeira sesión o alumnado de 5º curso traballamos  sobre as nosas referentes e outras cunha perspectiva máis global para identificar a conversa que queremos desenvolver nos seguintes obradoiros da actividade.



jueves, 6 de junio de 2024

EXPOSICIÓN ENRAIZADAS

Grazas a Euroeume poidemos desfrutar desta exposición na que nos amosa o rol da muller no rural, enmarcado dentro do proxecto Enraizadas, que forma parte do programa  “Educación Social na escola” e ten como obxectivo a visibilización das mulleres do sector primario da comarca e difusión dos valores do ecofeminismo.

O programa educativo, iniciado no 2022, centra a posta en valor do papel das mulleres no sector primario e o rural, contribuíndo á visibilidade e recoñecemento e poñendo ás mulleres que o sustentan como referentes. 

No curso 2023 – 2024 a temática principal foi a soberanía alimentaria, e, a través deste proxecto xeráronse espazos de sensibilización, formación e diálogo estimulantes; fomentouse o empoderamento das nenas; reflexionouse sobre as referentes da infancia e achegáronse outras con perspectiva de xénero; púxose en valor o traballo desenvolto historicamente polas mulleres no rural, dende o global ao local; coñecéronse e reivindicáronse mulleres e os seus proxectos no territorio e recoñeceuse a súa realidade; e traballáronse valores transversais como a igualdade, creatividade e sustentabilidade. 

Todos estes contidos quedan perfectamente recollidas nos paneis expositivos que están en frente da biblioteca escolar. As entrevistas en formato Código QR están á vosa disposición físicamente xunto con material informativo e de visibilidade traballado nas sesións acompañado pola Exposición Enraizadas 2024, para incrementar a visibilidade e acceso a toda a comunidade educativa.