jueves, 6 de junio de 2024

EXPOSICIÓN ENRAIZADAS

Grazas a Euroeume poidemos desfrutar desta exposición na que nos amosa o rol da muller no rural, enmarcado dentro do proxecto Enraizadas, que forma parte do programa  “Educación Social na escola” e ten como obxectivo a visibilización das mulleres do sector primario da comarca e difusión dos valores do ecofeminismo.

O programa educativo, iniciado no 2022, centra a posta en valor do papel das mulleres no sector primario e o rural, contribuíndo á visibilidade e recoñecemento e poñendo ás mulleres que o sustentan como referentes. 

No curso 2023 – 2024 a temática principal foi a soberanía alimentaria, e, a través deste proxecto xeráronse espazos de sensibilización, formación e diálogo estimulantes; fomentouse o empoderamento das nenas; reflexionouse sobre as referentes da infancia e achegáronse outras con perspectiva de xénero; púxose en valor o traballo desenvolto historicamente polas mulleres no rural, dende o global ao local; coñecéronse e reivindicáronse mulleres e os seus proxectos no territorio e recoñeceuse a súa realidade; e traballáronse valores transversais como a igualdade, creatividade e sustentabilidade. 

Todos estes contidos quedan perfectamente recollidas nos paneis expositivos que están en frente da biblioteca escolar. As entrevistas en formato Código QR están á vosa disposición físicamente xunto con material informativo e de visibilidade traballado nas sesións acompañado pola Exposición Enraizadas 2024, para incrementar a visibilidade e acceso a toda a comunidade educativa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario