viernes, 14 de junio de 2024

RTVENXEBRE: A VOZ DA INFANCIA DO RURAL

 

RTVEnxebre é un proxecto de Ayuda en Acción co apoio da Xunta de Galicia. Desenvolve: AGARESO, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social.

Fomentar a participación infantil, favorecer a inclusión e o desenvolvemento socio educativo da infancia rural e a posta en valor da cultura rural galega son os obxectivos que a Fundación Ayuda en Acción marcouse xa no ano 2018 para dar inicio a este proxecto, a través da creación de tres radios rurales escolares nas localidades coruñesas de Mazaricos, Zas e Monfero. 

Contamos co apoio de profesionais que visitan o noso centro quincenalmente para ofrecer formación ao alumnado de educación primaria, e así permitir alzar a voz e participar activamente aos escolares, falando dos temas que lles preocupan. Neste curso 2023-2024 realizáronse variados podcast que queremos compartir coa comunidade educativa.


Preme a imaxe ou ligazón para acceder a Radio Xesteira en Ivoox

O mar: Programa completo realizado polo alumnado de 3ºEP. Programa con todos os contidos realizados durante o curso polos nenos e nenas de 3º de primaria na súa investigación sobre o mar.

O abandono animal: Programa completo realizado polo alumando de 4ºEP con todos os contidos realizados durante o curso polos nenos e nenas de 4º de primaria na súa investigación sobre o abandono animal.

A muller no rural: Programa completo do alumando de 5ºEP, con todos os contidos realizados durante o curso polos nenos e nenas de 5º de primaria na súa investigación sobre a Muller no rural.

Os deportes: Programa completo do alumnado de 6ºEP con todos os contidos que realizaron durante o curso os mozos e mozas de 6º de primaria no seu proceso de investigación sobre os deportes.

Entrevista a Mikel Pasabant, campión de vela, polo alumnado de 6º. O alumnado de 6º centrou a súa investigación nos deportes, e quen mellor para falar dun deles, que un campión! Mikel Pasabant que ademáis de ser profe de inglés no cole é tamén campión de vela! e moito máis, xa veredes!!

Entrevista a Dolores Porto, Granxas Lousada: Doleres, nai de Antón e propietaria da granxa Lousada en Irixoa responde a un montón de interesantes preguntas que lle fan os nenos e nenas de 5º de primaria.

Entrevista a Sandra Amezaga de Mulleres Salgadas. A que sabe o peixe? quen son e que fan as Mulleres Salgadas? que podemos facer os nenos e nenas para reducir a contaminación dos mares? Estas son só algunhas das cuestións que o alumnado de 3º de primaria decidiu preguntarlle a Sandra Amezada, secretaria da Asociación Mulleres Salgadas, que se pasou pola nosa radio nestes días. Grazas Sandra!!

O alumnado de 4ºEP entrevista a Marisé da protectora de animais de Irixoa. Cales son as principais causas do abandono animal? Que hai que facer cando atopas un animal abandonado? Marisé, da protectora de animais Francisco de Asis de Irixoa responde tódalas dúbidas plantexadas polo alumnado de 4º...e foron moitas!!!

Os deportes preferidos dos mozos e mozas de 6º. Queres coñecer cales son os deportes preferidos do alumnado de 6º ? e por que? Pois non perdas esta pequena peza onde nolo contan!

Pasapalabras sobre o mar con 3ºEP. Canto sabes sobre os animais mariños? Xoga co alumnado de 3º a un Pasapalabras radiofónico moi especial

Faladoiro sobre a muller no rural con 5ºEP. Os nenos e nenas de 5ºEP participan nestes interesantes faladoiros onde dan a súa opinión sobre a imaxe que se ten do rural dende as cidades, os traballos que realizan mulleres no rural ou se hai verdadeira igualdade entre os homes e as mulleres, entre outros temas. Moi recomendable escoitar o que teñen que dicir!

Como foi a visita da asociación 13 GRADOS? O alumnado de3 º EP cóntanos como foi a visita que tiveron no colexio da Asociación 13 GRADOS que se encarga entre outras cousas de gravar os fondos mariños de Galicia.

1º Conto sobre o abandono animal por 4º de EP. O alumnado de 4º EP, presenta o primeiro dos contos que realizaron sobre o abandono animal...pero estade pendentes porque hai máis!

2º conto sobre o abandono animal por 4ºEP. O alumnado de 4º EP, presenta o segundo dos contos que realizaron sobre o abandono animal.

3º Conto sobre o abandono animal cos nenos e nenas de 4º EP. Cun ton moi distinto aos dous contos anteriores, o terceiro grupo de 4º propón esta historia que ben podía estar sacada dunha lenda de Samaín...que medo!!

Faladoiro sobre o abandono animal con 4ºEP. Tes animais na casa? que farías se algún se perdera? que sinten os animais cando se abandonan? O alumnado de 4ºEP danos a súa opinión sobre a temática que traballaron durante todo o curso: o abandono animal.

O alumnado de 3º EP cóntanos o que aprendeu durante o proxecto. Queres saber o que aprenderon os nenos e nenas de terceiro? pois eles e elas mesmas no lo contan nesta peza!!

Recomendacións do alumnado de 3º EP. Os nenos e nenas de terceiro de primaria investigaron sobre o mar durante todo o curso. Despois de todo este traballo, atoparedes nestras tres pezas radiofónicas as súas principais recomendacións.

Aprendizaxes e recomendacións do alumnado de 4º EP. Tras todo un curso investigando sobre o abandono animal, aquí podedes escoitar as aprendizaxes e tamén as recomendacións que nos fan os nenos e nenas de cuarto de primaria.

Aprendizaxes e recomendacións do alumnado de 5º EP. Os nenos e nenas de quinto de primaria cóntannos nestas tres cuñas as súas reivincicacións e aprendizaxes sobre "A Muller no rural", a temática que escolleron e traballaron durante todo o curso.

Aprendizaxes e recomendacións do alumnado de 6º EP. Despois de todo un curso investigando sobre os deportes aquí están as principais aprendizaxes e as recomendacións que nos fai o alumnado de 6º de primaria. Escoitade que hai cousas ben interesantes!

A experiencia en RadioTVEnxebre-Radio Xesteira do alumnado de 3ºEP. Os nenos e nenas de 3º de primaria fan un balance da súa experiencia radiofónica e de participación infantil en RTVEnxebre-Radio Xesteira este ano.

A experiencia en RadioTVEnxebre-Radio Xesteira do alumnado de 4ºEP. Neste pequeno programa o alumnado de 4º de primaria fai un pequeno resumo da súa experiencia radiofónica e de participación infantil en RTVEnxebre-Radio Xesteira este ano.

A experiencia en RadioTVEnxebre-Radio Xesteira do alumnado de 5ºEP. O alumnado de 5º de primaria fai un balance da súa experiencia radiofónica e de participación infantil en RTVEnxebre-Radio Xesteira este ano.

A experiencia en RadioTVEnxebre-Radio Xesteira do alumnado de 6ºEP. Neste pequeno programa o alumnado de 6º de primaria fai un pequeno resumo da súa experiencia radiofónica e de participación infantil en RTVEnxebre-Radio Xesteira este ano.


No hay comentarios:

Publicar un comentario