O martes 4 de xuño de 2024 o alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela participou nun acto de incidencia política realizado no Parlamento Galego, como punto álxido da Campaña Mundial pola Educación. Iria Lence e Iván Bermúdez, voceiros do grupo, dirixíronse aos políticos facendo unha serie de peticións para poder erradicar o discurso do odio, tema central da CME deste ano 2024. Santiago de Compostela.
12:00 Breve saúdo do presidente do Parlamento de Galicia, D. Miguel Ángel Santalices Vieira.
12:05 Intervención da representante da Campaña Mundial pola Educación, Dª Mónica Viqueira Martínez (dende a Mesa) (5’)
12:10 Intervención do director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, D. Jesús Manuel Álvarez Bértolo (dende a mesa) (5’)
12:15 Intervencións do alumnado para expoñer as reflexións xeradas nos centros educativos e as súas propostas en favor da loita contra o discurso de odio (dende a tribuna) (2’/centro)
1. CEIP PLURILINGÜE DAS VENDAS DA BARREIRA (RIÓS. OURENSE)
2. CEIP VÍCTOR SÁENZ (MAZARICOS. A CORUÑA)
3. CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA (MONFERO. A CORUÑA)
4. COLEXIO PLURILINGÜE A INMACULADA (MARISTAS. LUGO)
5. ENTIDADE: ESTUDANTES POLA INCLUSIÓN
6. USC: ALUMNAS DO GRAO DE PEDAGOXÍA
12:30 Intervención dos representantes dos grupos parlamentarios (dende escano) (3’) • GP Mixto: D. Armando Ojea Bouzo • GP dos Socialistas de Galicia: D. Julio Abalde Alonso • GP do Bloque Nacionalista Galego: Dª Cristina Fernández Davila • GP Popular de Galicia: D. Raúl Santamaría González
12:45 Intervención e peche do presidente do Parlamento de Galicia (5’)
No hay comentarios:
Publicar un comentario