O Departamento de Orientación deseñou unha serie de actividades para realizar colectivamente todas as clases do CPI Virxe da Cela e así conmemorar o 8 de Marzo, "Día Internacional da Muller Traballadora". Para introducir a temática nas aulas, propoñemos a realización dunha actividade para levar a cabo de xeito oral en gran grupo. Reflexionamos sobre as tarefas propias do fogar e quen as realiza. Elaboramos un mural con gomets que representa dun xeito visual este aspecto. (Facer a compra, lavar a roupa, cociñar, coidar das/os fillas/os, poñer a mesa, limpar, pasar o ferro, recoller). No patio cuberto, sobre un papel continuo colocarase de forma plastificada as tarefas a realizar. Así cada docente preguntará orlamente ao grupo quen desenvolve esas tarefas, colocando o gomet dunha cor ou doutra según lenda.
Mostrando entradas con la etiqueta 8 marzo Dia da muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 8 marzo Dia da muller. Mostrar todas las entradas
viernes, 5 de marzo de 2021
PREPARATIVOS PARA O 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Actividade para o 8 de marzo: a desigualdade, como os virus, só produce vítimas. Por iso, propoñemos crear a nosa propia VACINA CONTRA A DESIGUALDADE, enmarcando a conmemoración na realidade que estamos a vivir. Cada curso, elaborará a súa propia vacina escribindo/debuxando os ingredientes precisos para asegurar a igualdade entre homes e mulleres. Colaborarán na súa elaboración diferentes mulleres relevantes na historia que podedes consultar e seleccionar na seguinte ligazón:
https://11defebrero.org/2019/09/06/materiales-singulares/
Cada titor/a escollerá unha muller das presentadas e investigará a súa traxectoria. Deste xeito, ao realizar a vacina, levará como título: Vacina de (curso) en colaboración con (nome da muller relevante sobre a que se investigará na aula).
Etiquetas:
8 marzo Dia da muller
miércoles, 7 de marzo de 2018
EU TAMÉN SON FEMINISTA. OBSERVATORIO DA MARIÑA PARA A IGUALDADE
"Grazas ao Observatorio da Mariña pola Igualdade que nos cedeu xenerosamente o photocall realizado pola artista ribadense Mónica Justo inspirado nas fotos de Maruxa Mallo na praia de Chile, esa muller que aínda que quizais non o fixo de modo planeado, abriu un camiño que outras seguiron.
Cada 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, a unión de moitas mulleres no mundo vai facendo que se consigan pequenas vitorias para todas".
martes, 6 de marzo de 2018
AUDIOVISUAL "ELAS" 8 DE MARZO: DÍA DA MULLER
Para conmemorar o Día da Muller (8 de marzo) o alumnado de 1º da ESO quixo destacar o gran papel que xogaron na Historia mulleres como Marie Curie, María Wonenburger, Rosalía de Castro, Safo ou Clara Campoamor. En todas as esferas da vida (a ciencia, as artes, a política) houbo figuras que loitaron pola igualdade en tempos ben difíciles, épocas nas que a muller estaba relegada ao traballo da casa e aos coidados dos fillos; e eran os homes os que tiñan reservado o privilexio de escribir, investigar, teorizar. Moito se avanzou desde entón, de mais temos que seguir loitando e celebrando esta data tan importante.
Etiquetas:
8 marzo Dia da muller,
audiovisual,
ELAS
martes, 6 de febrero de 2018
domingo, 13 de marzo de 2016
EDUCAR UNHA NENA É EDUCAR UNHA NACIÓN
O 8 de marzo celebrouse o Día Internacional da Muller. Judith é chadiana e foi a única muller da súa comunidade en terminar o ciclo de primaria e acceder á secundaria. Grazas a isto agora é dona da súa vida. Segundo a UNESCO, casi 16 millóns de nenas nunca irán á escola de primaria, en comparación con oito millóns de nenos. Promover o liderazgo e a participación política e pública das mulleres supón unha estratexia indispensable para o desenvolvemento humano. Soamente coa igualdade entre xéneros e o empoderamento das mulleres e nenas, será posible cumplir cos compromisos asumidos na Axenda 2030. Unha mensaxe de Entreculturas.
Etiquetas:
8 marzo Dia da muller
jueves, 11 de febrero de 2016
8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Non hai tanto tempo da declaración destas orientacións para as mulleres, co fin de acadar que fosen "boas esposas". Afortunadamente, a evolución da nosa sociedade, e a educación en igualdade delas e deles, posibilitou que estes preceptos acaden un sentido absurdo.... Pero aínda hai moito por facer no terreo da igualdade real, da xustiza social, e, por iso, no CPI Virxe da Cela, estamos a traballar ó redor da data arriba mencionada (8 marzo).
Etiquetas:
8 marzo Dia da muller
sábado, 7 de marzo de 2015
O XOGO NON TEN XÉNERO
Queremos compartir con toda a comunidade educativa estos fabulosos materiais editados pola Fundación Ayuda en Acción, a través do seu programa educativo "Agora Toca". Tanto docentes como familias poderán levar a cabo as ideas recollidas neste documento, que baixo o título "O xogo non ten xénero" tratarán de sensibilizar e concierciar aos máis pequenos e pequenas sobre a importancia de acadar a igualdade entre homes e mulleres.
Etiquetas:
8 marzo Dia da muller,
Fundación Ayuda en Acción
AS MULLERES DA NOSA VIDA

O día 8 e marzo celebrouse o día internacional da muller traballadora. O Departamento de Orientación quixo aproveitar dita data para realizar unha actividade co alumnado do centro cuxo obxectivo era facer reflexionar aos rapaces e rapazas do valor da muller na sociedade e, sobre todo, do cambio tan importante que tivo o rol da muller ao longo do século XX.
Para iso propuxemos as seguintes actividades:
- Para a etapa de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, a elaboración dun mural conxunto sobre as “mulleres da miña vida”, onde os nenos e as nenas pintaron as caras da súa mamá, avoa, tía, etc., decorando o pelo con diferentes materiais de cores; ademais acompañouse o debuxo cunha pequena lenda (con axuda das titoras en función da idade do alumno). Os traballos expuxéronse ao redor do mural central que leva inscrita a seguinte cita: “A humanidade posúe dúas ás: unha é a Muller e a outra o Home. Ata que as dúas ás non estean igualmente desenvolvidas, a humanidade non poderá voar”.
- Para 4º, 5º e 6º de Primaria e todos os cursos da ESO, propuxemos a elaboración dunha pequena entrevista a unha muller importante da vida dos alumnos, a ser posible maior de 60 anos. Non se trataba de buscar grandes historias, se non historias persoais de mulleres que viviron os grandes cambios que houbo no noso país no século XX, e que reflexionaran e tiveran curiosidade por afondar nesas vivencias. Tamén se podía aportar unha fotografía actual ou antiga. Cos traballos realizados elaborouse un libro por nivel.
Moitas grazas a todos as mestras e profesores que participaron e, especialmente, aos nosos alumnos e alumnas, que aportaron os seus traballos, traballos que están expostos no centro para que toda a comunidade educativa poda disfrutalos.
Día da muller from satelite1
Etiquetas:
8 marzo Dia da muller
sábado, 8 de marzo de 2014
8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O Día
Internacional da Muller, que se celebra cada ano o 8 de marzo, bríndanos a
oportunidade de revisar os retos pendentes e os logros alcanzados en canto á
execución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio relativos ás mulleres e
as nenas. Este é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados,
pedir mais cambios e celebrar a valentía e a determinación de mulleres da pé
que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.
O lema deste ano,
«Igualdade para as mulleres: progreso para tod@s», subliña como a igualdade de
xénero, o empoderamento das mulleres, o respecto total dos dereitos humanos das
mulleres e a erradicación da pobreza son esenciais para o desenvolvemento
económico e social.
Coa data límite
de 2015 xa próxima para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do
Milenio (ODM), o Día Internacional da Muller é tamén unha oportunidade para
pasar revista aos retos pendentes e os logros conseguidos na execución dos ODM
para as mulleres e as nenas.
Os países nos que hai mais igualdade de xénero experimentan
un maior crecemento económico. As empresas que contan con mais líderes mulleres
logran mellores rendementos. Os acordos de paz que inclúen as mulleres son mais
duradeiros. Os parlamentos nos que hai mais mulleres aproban mais leis sobre
cuestións sociais clave como a saúde, a educación, a loita contra a
discriminación e a manutención dos nenos. As probas non deixan lugar a dúbidas:
a igualdade da muller supón progresos para todos.».
Ban Ki-moon Secretario Xeral da ONU
Aquí deixamos un podcast no que o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela reflexiona sobre os Dereitos das Mulleres a través dunha exposición de Amnistía Internacional.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)