O Día
Internacional da Muller, que se celebra cada ano o 8 de marzo, bríndanos a
oportunidade de revisar os retos pendentes e os logros alcanzados en canto á
execución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio relativos ás mulleres e
as nenas. Este é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados,
pedir mais cambios e celebrar a valentía e a determinación de mulleres da pé
que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.
O lema deste ano,
«Igualdade para as mulleres: progreso para tod@s», subliña como a igualdade de
xénero, o empoderamento das mulleres, o respecto total dos dereitos humanos das
mulleres e a erradicación da pobreza son esenciais para o desenvolvemento
económico e social.
Coa data límite
de 2015 xa próxima para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do
Milenio (ODM), o Día Internacional da Muller é tamén unha oportunidade para
pasar revista aos retos pendentes e os logros conseguidos na execución dos ODM
para as mulleres e as nenas.
Os países nos que hai mais igualdade de xénero experimentan
un maior crecemento económico. As empresas que contan con mais líderes mulleres
logran mellores rendementos. Os acordos de paz que inclúen as mulleres son mais
duradeiros. Os parlamentos nos que hai mais mulleres aproban mais leis sobre
cuestións sociais clave como a saúde, a educación, a loita contra a
discriminación e a manutención dos nenos. As probas non deixan lugar a dúbidas:
a igualdade da muller supón progresos para todos.».
Ban Ki-moon Secretario Xeral da ONU
Aquí deixamos un podcast no que o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela reflexiona sobre os Dereitos das Mulleres a través dunha exposición de Amnistía Internacional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario