lunes, 21 de junio de 2021

GRADUACIÓN 2021

Martes 21 de xuño 2021. Graduación do alumnado 4º da ESO. 16:30 horas.









Discurso Camino by veracruces on Scribd

sábado, 19 de junio de 2021

LIBERDADE DE SER E SENTIR


 

EXPRESIÓNS CULTURAIS NA INDIA RURAL

Queremos compartir convosco este video que acaba de chegar da India, no que podedes ver o actividades culturais realizados polos nenos e nenas da India en relación ao proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer.


https://vimeo.com/551394546/04897de7de


viernes, 18 de junio de 2021

MONFEROSOLIDARIO EN EDUGA (REVISTA GALEGA DO ENSINO)

Compartimos a publicación Eduga 81 (xaneiro - xuño 2021) Revista Galega do Ensino, na que aparece o artigo "Monferosolidario: abrindo a escola cara á transformación social". 

O proxecto Monferosolidario acaba de recibir o I Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. A acción formativa no eido da educación para o desenvolvemento e a cidadanía global (EPDCG) levada a cabo no CPIP Virxe da Cela (Monfero) é un dos piares onde se fundamenta o proxecto. Damos valor neste espazo ás prácticas formativas levadas a cabo durante os cursos 2018/19 e 2019/20.


http://www.edu.xunta.es/eduga/2098/proxeccions/monferosolidario


jueves, 17 de junio de 2021

NON AOS VIRAMENTOS SEN FUNDAMENTOS: ACTIVISMO NA ESCOLA

Ás actuacións da plataforma veciñal “Monfero Di Non” en contra a instalación dun parque eólico en Pena do Corvo, Monfero, acábanse de sumar as aportacións do alumnado do CPIP Virxe da Cela. Os nenos e nenas están a realizar unha serie de debuxos en apoio aos veciños/as de Monfero, e incluso remitirán unha carta manuscrita á Ministra de Traballo, Yolanda Díaz, expoñendo a situación á que se enfrenta a localidade.

martes, 15 de junio de 2021

CONCIENCIA ECOLÓXICA A TRAVÉS DO XOGO

 O martes 15 de xuño de 2021 adicamos unha nova sesión das clases de relixión e valores éticos na ESO para poñer en práctica os xogos deseñados polo alumnado, propostas encamiñadas a espertar a conciencia ecolóxica e sensibilizar sobre o coidado do medioambiente.  Os rapaces e rapazas de 1º e 3º da ESO gozaron con estes xogos variados, que ao final de curso formarán parte dun caderno ou guía educativo e serán difundidos para que podan ter a réplica noutros cursos e outros centros educativos. Igualmente a actividade de hoxe serviranos para completar os méritos e acadar unha merecida Medalla Verde no proxecto de Olimpiadas Solidarias que estamos a desenvolver neste último trimestre escolar.  









sábado, 12 de junio de 2021

XOGOS EDUCATIVOS PARA O MEDIOAMBIENTE

Aproveitando o bo tempo continuamos coas xornadas de Xogos Educativos para o Mediambiente, esta vez levando a cabo a proposta dun grupo de alumnos de 1º da ESO. Trátase dun xogo divertido e moi atractivo no que por parellas hai que ir buscando pistas en forma de cápsula, e unha vez atopadas, tratar de encestalas nunhas caixas de diferentes cores (amarelo, verde e azul)  tendo en conta os debuxos das pistas encapsuladas e as cores dos contenedores do lixo. Ademais de traballar colaborativamente e facer deporte, os xogadores/as aprenden contidos medioambientais referente á separación do lixo e a reciclaxe. 















viernes, 11 de junio de 2021

PARTIDO DE FÚTBOL "REDE SOLIDARIA MOCIDADE ENTRECULTURAS"

O alumnado de 4º da ESO despide as clases de relixión e valores éticos cun partido de fútbol que tiñamos pendente desde o mes de febreiro de 2021, momento no que participamos na Carreira Solidaria Entreculturas "Corremos por unha causa". Agora que xa chegou ao noso centro a camiseta coa que tiñamos que participar na Carreira, reunímonos para sacar unhas fotos de grupo e para divertirnos xogando e facendo deporte, á vez que nos relaxamos neste momento de tensión de fin de curso, cargado de exames e traballos. Moito ánimo, xa falta menos para graduarse e para disfrutar dunhas merecidas vacacións!






miércoles, 9 de junio de 2021

XOGOS ECOLÓXICOS PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

 Hoxe, mércores 9 de xuño 2021, tocoulles aos rapaces e rapazas de 2º da ESO levar á práctica os xogos que eles/as mesmos deseñaron para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente (5 xuño). Neste ocasión tratouse dun partido de "Eco-fútbol" a través do cal aprendíanse a recoller residuos, a regras das 3R "reducir, reutilizar e reciclar", etc. e dun xogo da Caza do Tesouro no que, recollendo todas as pistas que estaban ocultadas polo centro escolar, acabaríase descifrando a palabra máxica "Ecoloxía". Foi unha forma de aprender a través do deporte a valorar e respectar o noso Planeta, e que nos levará tamén a acadar a Medalla Verde (Olimpiada da Solidariedade). 







lunes, 7 de junio de 2021

5 XUÑO: DÍA MUNDIAL MEDIOAMBIENTE

 O día 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medioambiente. Nas materias de valores éticos e relixión o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO están a deseñar xogos educativos que nos permitan reflexionar sobre o coidado do medioambiente. Con todas as propostas maquetaremos un pequeno caderno e o publicaremos para compartir con outros alumnos e docentes que estean interesados nelas. Por suposto tamén aproveitaremos os días soleados do mes de xuño para levalos á práctica no CPI Virxe da Cela!Que mellor maneira de unir deporte, xogo e educación para o desenvolvemento e a cidadanía global! A través desta actividade tamén acadaremos unha ben merecida Medalla Verde nas Olimpiadas da Solidariedade que organiza a ONG Taller de Solidaridad. 

5 Xuño Medio Ambiente by veracruces on Scribd






jueves, 3 de junio de 2021

ASAMBLEA FIN DE CURSO REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS

A Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas celebrou a Asamblea de Fin de Curso o xoves 3 de xuño 2021 de 17:30 a 19:30 horas, en formato virtual, a través da plataforma zoom. Nesta ocasión participaron mozos/as e educadores/as non soamente de Galicia e territorio nacional, senón de diferentes países de América Latina. Unha ocasión para lembrar, valorar e celebrar todo o que temos conseguido xuntos e comprometernos para seguir actuando polo mundo estamos a transformar.