O martes 15 de xuño de 2021 adicamos unha nova sesión das clases de relixión e valores éticos na ESO para poñer en práctica os xogos deseñados polo alumnado, propostas encamiñadas a espertar a conciencia ecolóxica e sensibilizar sobre o coidado do medioambiente. Os rapaces e rapazas de 1º e 3º da ESO gozaron con estes xogos variados, que ao final de curso formarán parte dun caderno ou guía educativo e serán difundidos para que podan ter a réplica noutros cursos e outros centros educativos. Igualmente a actividade de hoxe serviranos para completar os méritos e acadar unha merecida Medalla Verde no proxecto de Olimpiadas Solidarias que estamos a desenvolver neste último trimestre escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario