Como xa todos sabedes, fai unha semana realizamos un ingreso de 1100
euros á conta da Fundación Vicente Ferrer. Esta cantidade foi recadada a
través do Rastro Solidario (realizado o pasado venres 30 de marzo de
2012), e foi destinada para completar un segundo pago no finanzamento
dunha escola na India. Acabamos de recibir o informe final e xa temos á
nosa disposición as fotografías do proceso: mapas de localización,
planos, fases da construción, etc. Fíxonos moitísima ilusión ver o nome
do CPI Virxe da Cela na placa situada na entrada da escola e que
agradece a nosa colaboración.
Mostrando entradas con la etiqueta Anantapur. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Anantapur. Mostrar todas las entradas
lunes, 23 de abril de 2012
martes, 14 de febrero de 2012
DECLARANDO O NOSO AMOR...
14 de febreiro... Tamén no noso cole quixemos facer unha exaltación do amor neste día de San Valentín, ainda que ben sabemos que calquera día é adecuado para mostrar o noso amor e manifestalo. Ás veces é difícil facelo con palabras, pero sempre están os pequenos xestos e accións. Tan sinxelo como regalar unha flor ou sorprender a alguén cun bico espontáneo. Para outros é cuestión de sentarse diante dun papel e branco e liberar todos eses sentimentos. Así o fixeron Antonio González (3º ESO), Lucía Otero (3º), Bibiana Blanco (2º ESO) e Alexandra Gheorghe (1º ESO), gañadores do concurso de declaracións de amor "San Valentín 2012". Durante o recreo fixemos un fermoso acto na biblioteca escolar: a directora da nosa escola fixo entrega dos premios e os diplomas aos gañadores, e posteriormente os alumnos/as e profesores /as recibiron cartas e flores dirixidas a eles. Viva o amor, e non deixedes nunca de manifestalo...
E este pequeno acto de amor que organizamos na nosa escola vai ter un "efecto bolboreta" noutro punto xeográfico... A India. A través da venta das flores realizadas polo alumnado, (axudados por Marta, profesora de plástica), recadamos nin máis nin menos...296´30 euros. Estes cartos serán destinados ao proxecto de construción dunha escola en Anantapur que comezamos o pasado curso a través da Fundación Vicente Ferrer. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración...
Etiquetas:
amor,
Anantapur,
India,
san valentín,
Vicente Ferrer
Suscribirse a:
Entradas (Atom)