Mostrando entradas con la etiqueta muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta muller. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de octubre de 2014

RAMADEVI RAPTHADU


O vindeiro martes 14 de outubro de 2014 contaremos no CPI Virxe da Cela coa visita de Ramadevi Rapthadu como embaixadora de Fundación Vicente Ferrer. Impartirá no noso centro varias charlas dirixidas ao alumnado de EI, EP e ESO, enfocadas no papel da muller na India rural. Esbozamos uns datos sobre esta ponente:

Ramadevi é natural de Akutotapalli, unha aldea situada a 10 km. de Anantapur, A India. Ten 32 anos e fala telugu (a lingua local de Anantapur), inglés, castelán e catalán. Casou ao finalizar os seus estudos de secundaria e, despois de casar, estudou Humanidades. Ten un fillo de 11 anos que se chama Sudarsa, como un deus hinduista. En 1998 comezou a traballar como tradutora da Fundación Vicente Ferrer na India, poñendo a disposición as súas capacidades para facilitar a comunicación efectiva dos nenos e nenas apadriñados coas persoas solidarias de España. Ademais, facilita os procesos de visita de colaboradores e colaboradoras que chegan á India para coñecer os proxectos da Fundación. Este será a súa terceira viaxe a España como voceira da Fundación. Durante a súa estancia acompañará o camión-exposición "Mulleres: a forza do cambio na India", que nas vindeiras semanas percorrerá diferentes cidades da xeografía española. 


sábado, 1 de febrero de 2014

AMNISTÍA INTERNACIONAL: MULLERES E DEREITOS HUMANOS






Amnistía Internacional ofrece ao noso centro unha exposición baseada nos dereitos da mulleres, que podedes visitar nos corredores do edificio de secundaria, na zona próxima á biblioteca escolar. Para ampliar a información podedes acceder á páxina de Amnistía Internacional premendo o seguinte enlace:
http://www.es.amnesty.org/exposiciones-virtuales/mujeres-y-derechos-humanos/violacion-sexual-y-derechos-humanos-en-los-paises-nordicos/


lunes, 8 de octubre de 2012

VISITAMOS A EXPOSICIÓN DA FVF NA CORUÑA

O pasado venres 5 de outubro visitamos a exposición "Mulleres: a forza do cambio na India", albergada nun curioso camión que durante cinco días estivo aparcado nos xardíns de Méndez Núñez, na Coruña. Os rapaces e rapazas de 2º, 3º e 4º da ESO, repartidos en dous turnos, escoitaron as explicacións de Georgina Salvador, quen amosou a vida de sete mulleres da India que están a servir como motor de cambio e de transformación na India. Sete exemplos que ilustran os diferentes proxectos que a Fundación Vicente Ferrer está a desenvolver na rexión de Anantapur.
  • Hemmavathi está a construír a súa propia casa
  • Yellama ten unha discapacidade e é artesana
  • KIanthamma está a emprender o seu propio negocio
  • Nagamma é a lideresa comunitaria
  • Vani loita contra o VIH
  • Durgamma é maestra
  • Likita está a formarse para ser inxenieira










jueves, 4 de octubre de 2012

MULLERES: A FORZA DO CAMBIO NA INDIA




Este é o título da exposición itinerante da Fundación Vicente Ferrer, e está centrada na labor da FVF a través da mirada de sete mulleres da India rural. A exposición está albergada nun camión indio que vai percorrendo un total de 24 cidades españolas. O xoves 4 de outobro chega á Coruña, sendo ás 12:00 horas a súa inauguración oficial, nos Xardíns Méndez Núñez. Desenvolveranse actividades paralelas, como as conferencias impartidas o xoves 4 ás 19:00 no Centro Cultural Novacaixagalicia, coas intervencións de Rosa Lousa, Fundadora e propiataria de Pasndelino Bakery Shop, Montse Ortiz, coordinadora de Sensibilización da FVF e experta en cuestións de xénero e Cruz Iglesias, especialista en bioconstrución e profesora da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Tamén no Centro Sociocultural Novacaixagalicia visionarase a película "Agua" de Deepa Metha, o sábado 6 de outubro ás 18:00 horas.





 

miércoles, 7 de marzo de 2012

8 DE MARZO: DÍA DOS DEREITOS DAS MULLERES


A que soa o de muller traballadora?
Non pensades que é un adxectivo absurdo, cando se aplica á muller?
As mulleres son todas traballadoras e como sabemos cunha carga laboral que supera as veces amplamente á dos homes en moitos aspectos.
A única maneira de chegar a unha igualdade entre homes e mulleres, recollida en numerosas constitucións do mundo é, desde a educación , unha educación en valores, igualitaria e non sexista.
A educación na igualdade, a información veraz e a xustiza social permitirán que nos desenvolvamos como persoas libres; libres para sentir, pensar e actuar por nós mesmos, sen o sometemento duns sobre outros.
Non podemos deixar este 8 de marzo  sen mostrar o noso máis absoluto rexeitamento á violencia que causa tantas mortes de mulleres, pola súa condición de tales. Este “terrorismo afectivo” derivado dos conceptos patriarcales de posesión, podería combaterse cunha coeducación efectiva familia-escola encamiñada á consideración de todas as persoas por igual, sen distinción de sexos.
A educación na igualdade, a información veraz e a xustiza social permitirán que nos desenvolvamos como persoas libres; libres para sentir, pensar e actuar por nós mesmos, sen o sometemento duns sobre outros.

jueves, 26 de noviembre de 2009

25 NOVEMBRO.DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

“A EDUCACIÓN EN IGUALDADE, EIXE PRIORITARIO NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

A violencia contra as mulleres segue presente no noso mundo como unha lacra social que repercute directa ou indirectamente na vida de todas as mulleres.
A violencia de xénero, que consiste na violencia que se exerce sobre as mulleres, polo simple feito de selo, ten a súa orixe na posición de desigualdade na que as mulleres están situadas na sociedade.A violencia contra as mulleres, represéntase de moi diversas formas: violacións, acosos sexuais e laborais, no sexismo publicitario, na trata de mulleres e nenas, na prostitución, na mutilación xenital, na feminización da pobreza, na marxinación da política, na invisibilidade das nosas achegas, na eliminación da nosa Historia,…
Todos deberíamos ter claro que a violencia de xénero non desaparecerá mentres non acabemos coa discriminación que as mulleres sofren nesta sociedade.


En España, 800.000 nenos e nenas sofren as súas consecuencias.
Independentemente de que os nenos e nenas estean presentes ou non en escenas de violencia explícita, a tensión que se vive nestes fogares lles afecta directamente e ten consecuencias a curto, medio e longo prazo, afectando a todas as esferas de desenvolvemento dos nenos e nenas. En España existen 800.000 nenos e nenas vítimas de violencia de xénero e, deles, 200.000 son fillos e fillas de mulleres que recibiron ordes de protección, e calcúlase que tan só o 4% do total reciben atención especializada.
Sen embargo, os nenos e as nenas, fillos e fillas das mulleres vítimas de violencia de xénero non están sendo considerados vítimas directas desta violencia, quedando invisibilizados.
“Os fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero adoitan presentar alteracións físicas, emocionais e conductuais tales como trastornos do sono ou da alimentación, cadros de ansiedade, estrés, baixa autoestima ou depresión, agresividade ou depresión, dificultades de concentración e alteracións no rendemento escolar”.
( Montserrat Tohà directora da Fundación IreS)
Por todo, queremos alzar a nosa voz para reclamar que se recoñeza aos nenos e nenas que sofren violencia familiar e de xénero na casa como vítimas desta violencia, que se cuantifique o número real de nenos e nenas que se encontran nesta situación e que todos aqueles profesionais que realicen unha intervención con estes nenos e nenas teñan unha formación específica tanto en infancia coma en violencia de xénero; especialmente os profesionais dos xulgados de violencia de xénero que atenden ás mulleres e os seus fillos e fillas cando van a pór unha denuncia.



Unha vida sin violencia é un dereito humano fundamental.

Testimonios dos fillos e fillas da violencia de xénero



miércoles, 18 de marzo de 2009

REVISTA XENIA

Revista Xenia. 18-11-08. Segundo número da revista Xenia, publicación periódica da Unidade de Muller e Ciencia, deseñada para promover unha elección académica e profesional libre de estereotipos de xénero. Reparto nas tItorías.

8 DE MARZO: MULLER E CIENCIA



Durante a última quincena de Febreiro e a primeira de Marzo a Biblioteca Castelao ofrece a exposición "A Muller innovadora na Ciencia", composta por paneis que conteñen as biografías de grandes científicas ao longo da historia. O noso alumnado poderá descubrir as dificultades que tiveron estas mulleres para seren respetadas e valoradas no mundo da ciencia.