“A EDUCACIÓN EN IGUALDADE, EIXE PRIORITARIO NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
A violencia contra as mulleres segue presente no noso mundo como unha lacra social que repercute directa ou indirectamente na vida de todas as mulleres.
A violencia de xénero, que consiste na violencia que se exerce sobre as mulleres, polo simple feito de selo, ten a súa orixe na posición de desigualdade na que as mulleres están situadas na sociedade.A violencia contra as mulleres, represéntase de moi diversas formas: violacións, acosos sexuais e laborais, no sexismo publicitario, na trata de mulleres e nenas, na prostitución, na mutilación xenital, na feminización da pobreza, na marxinación da política, na invisibilidade das nosas achegas, na eliminación da nosa Historia,…
Todos deberíamos ter claro que a violencia de xénero non desaparecerá mentres non acabemos coa discriminación que as mulleres sofren nesta sociedade.

En España, 800.000 nenos e nenas sofren as súas consecuencias.
Independentemente de que os nenos e nenas estean presentes ou non en escenas de violencia explícita, a tensión que se vive nestes fogares lles afecta directamente e ten consecuencias a curto, medio e longo prazo, afectando a todas as esferas de desenvolvemento dos nenos e nenas. En España existen 800.000 nenos e nenas vítimas de violencia de xénero e, deles, 200.000 son fillos e fillas de mulleres que recibiron ordes de protección, e calcúlase que tan só o 4% do total reciben atención especializada.
Sen embargo, os nenos e as nenas, fillos e fillas das mulleres vítimas de violencia de xénero non están sendo considerados vítimas directas desta violencia, quedando invisibilizados.
“Os fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero adoitan presentar alteracións físicas, emocionais e conductuais tales como trastornos do sono ou da alimentación, cadros de ansiedade, estrés, baixa autoestima ou depresión, agresividade ou depresión, dificultades de concentración e alteracións no rendemento escolar”.
( Montserrat Tohà directora da Fundación IreS)
Por todo, queremos alzar a nosa voz para reclamar que se recoñeza aos nenos e nenas que sofren violencia familiar e de xénero na casa como vítimas desta violencia, que se cuantifique o número real de nenos e nenas que se encontran nesta situación e que todos aqueles profesionais que realicen unha intervención con estes nenos e nenas teñan unha formación específica tanto en infancia coma en violencia de xénero; especialmente os profesionais dos xulgados de violencia de xénero que atenden ás mulleres e os seus fillos e fillas cando van a pór unha denuncia.

Unha vida sin violencia é un dereito humano fundamental.
Testimonios dos fillos e fillas da violencia de xénero
A violencia de xénero sempre existiu pero nós podemos evitar que esta plaga se extenda. Contra o maltrato tolerancia 0!!!
ResponderEliminarNós pensamos que a violencia de xénero non debería de existir,porque parécenos inxusto que as mulleres sexan maltratadas xa que homes e mulleres somos iguais e o home non ten que exercer nas mulleres ningún mando. Asi que todos deberíamos colaborar no maltrato cero e sobre todo os homes.
ResponderEliminarPara nos o día internacional contra a violencia de xénero é moi importante porque nos tamén somos mulleres e en calquera momento pódenos suceder a nós. Toda muller que sufra maltratos debe de denunciar.
ResponderEliminarANTE O MALTRATO TOLERANCIA CERO!!!!
A violencia de xénero e algo moi grave e nos podémolo evitar porque, se unha muller no día de hoxe está sometida a un maltrato debería deixar a esa persoa que lle está facendo a vida imposible e volver a refacer a vida con outra persoa.
ResponderEliminarNos estamos totalmente en contra da violencia e habería que intentar remedialo.
ResponderEliminarUn saúdo para Galiza!
A min pareceme que a violencia de xénero debería acabar porque as mulleres teñen os mesmos dereitos cos homes.
ResponderEliminarA violencia de xénero é algo que afecta máis ás mulleres que a os homes, por que sucede isto? porque esta sociedade aínda garda comportamentos machistas, como o sueldo no traballo por exemplo. Está nas nosas mans evitalo. A primeira agresión non o dubides; DENUNCIA.
ResponderEliminarNos estamos en contra da violencia de xenero, porque hai moitas mulleres que a sufren. por iso entre todos a debiamos evitar
ResponderEliminar