Consideramos de gran interese a adquisición de coñecementos e conciencia crítica para reforzar os contidos impartidos dende as materias de Tecnoloxía, Ciencias Sociais e Educación para a Cidadanía, na E.S.O.
O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO realizou unha visita guiada polas instalacións. Os monitores explicaron de maneira lúdica e amena a importancia das enerxías renovables en Galicia: solar, hidráulica, de hidróxeno, biocombustible, e sobre todo eólica. Percorrimos as instalacións do centro, visionamos un documental sobre a producción de enerxía, aprendemos ideas para o aforro energético doméstico, que tentaremos levar á practica nas nosas propias casas, fixemos un pequeno paseo (en bus, xa que a choiva nos acompañou nesta xornada) polo parque, ollando de preto os aeroxeneradores. Os profesores acompañantes tiveron a oportunidade de mostrar as súas dotes de condutores nun pequeno obradoiro de condución eficiente.
Atendendo ás explicacións do monitor
O alumnado descubrindo as propiedades do hidróxeno
Parece mentira que un jefe de estudios e un C4 poida con un todoterreno tuneado a blanco, e un twingo azul, con duas das mulleres do C.P.I Virxe da Cela conocidas coma o departamento das enrroladas en case 50 min. jejejejejeje
ResponderEliminarSegide así!!!!
1 biko